jueves, 30 de abril de 2020

DIA DA NAI - INGLÉS


Xoaniñas, a profe Laura déixanos por aquí unha actividade para o ¨día da nai¨ que se celebra o próximo domingo 3 de maio.





Colorea ou decora o corazón como ti queiras e regálallo a mamá







Seguro que lle encanta!

miércoles, 29 de abril de 2020

ÁNIMOS PARA A RESIDENCIA DA 3º IDADE


FAI UNS DÍAS PEDINVOS A VOSA COLABORACIÓN PARA ENVIAR ÁNIMOS AOS TRABALLADORES E AOS RESIDENTES DA RESIDENCIA DA 3º IDADE DE TABOADA ¨O MEU FOGAR¨



NON PODO ESTAR MÁIS ORGULLOSA DE VÓS XOANIÑAS E DAS VOSAS FAMILIAS


ESTES SON OS VOSOS DEBUXOS 







FARÉMOLOS CHEGAR Á RESIDENCIA XUNTO CON ESTA CARTA





E DENDE AQUÍ DARLLE AS GRACIAS Á MAMÁ DE SARA  POLA SÚA XENIAL IDEA DE FACER ESTA PANCARTA






PRONTO CHEGARÁ AO SEU DESTINO...

TRABALLIÑOS DE ERIC


Encántame ver á xoaniña ERIC así de traballadora e contenta! 

Moi ben!






TRABALLIÑOS DE UXÍA



A xoaniña Uxía é toda unha experta nos números 1 e 2









HORA DO CONTO - EL PEZ ARCOIRIS

Hoxe na hora do conto....

EL PEZ ARCOIRIS




Comezamos lendo  ou escoitando o conto:


EL PEZ ARCORIS (CUENTO YOUTUBE)




EL PEZ ARCOIRIS (POWER POINT)






Propóñovos agora unha serie de actividades:


1. FALAMOS DO CONTO






2. COLOREA E DECORA O PEZ ARCO IRIS






3. COLOREA AS PERSONAXES DO CONTO


Descarga


Que che parece si os recortamos e coa axuda de la, unha caixa e pinturas facemos o nosos propio fondo do mar?


Veña déixovos algunhas ideas:











4. UN POUQUIÑO DE GRAFOMOTRICIDADE...

Descarga




Descarga





5. CONCEPTOS GRANDE - PEQUENO. NÚMERO 2









6. APETÉCECHE CREAR O TEU PROPIO PEZ ARCOIRIS? DÉIXOVOS POR AQUÍ ALGUNHA IDEA











lunes, 27 de abril de 2020

MARIO E OS CÍRCULOS


Mirade o que atopou a xoaniña Mario...unha pedra con forma de círculo!






Que chulada!




TRABALLIÑOS DE SARA



A xoaniña Sara colorea xenial!





Fixástesvos que ben escribe o seu nome?



TRABALLIÑOS DE ERZSI



A xoaniña Erzsi está traballando moito na casiña, mirade que ben lle quedaron os seus traballiños!






EMPARELLAMOS CALCETINS



Xoaniñas hoxe achégovos unha proposta que estou segura que vos vai entreter un cachiño.


 EMPARELLAMOS CALCETINS

Temos varias opcións de xogo:

1. A primeira proposta é a máis rápida e fácil de levar a cabo: 

Collemos varios pares de calcetíns e desemparellámolos para despois emparellalos







2. A segunda proposta levaranos algo máis de tempo, pero con ela traballamos máis aspectos.

 Imprimimos varias follas de calcetíns, coloreámolos igual por parellas, recortámolos e  emparellámolos




Elexide a opción que máis vos guste ( tamén podedes facer as dúas)... e a xogar!


viernes, 24 de abril de 2020

TRABALLIÑOS DE ALEXA


A xoaniña Alexa fixo a súa mariposa e a súa planta na maceta, que chulis lle quedaron!



ssshhhh 




mirade como traballa... con moita concentración!





Moi ben Alexa! Sigue así


miércoles, 22 de abril de 2020

MELLORAMOS A NOSA ATENCIÓN

Xoaniñas, déixovos por aquí unhas fichas para colorear segundo o modelo que axudarán a mellorar e reforzar, entre outras cousas, a vosa atención.


YASMINE E OS CÍRCULOS


A xoaniña Yasmine non perde en ningún momento a sonrisa. 

Aqui a temos traballando os círculos

Moi ben Yasmine!






PRIMAVERA DE SARA Y XIANA


As xoaniñas Sara e Xiana fixeron as actividades de primavera propostas e algunha máis!


Moi ben xoaniñas!

Encántame ver como traballades!










lunes, 20 de abril de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADE

Estimadas familias e xoaniñas:

Dende o CPI SAN TOMÉ DO CARBALLO propoñémosvos  realizar unha actividade para agradecer o labor que están facendo moitos profesionais do pobo de Taboada (Garda Civil, sanitarios, establecementos de alimentación, farmacias...etc) nesta difícil situación.

Dende o Equipo de Educación Infantil propoñémosvos realizar esta actividade en agradecemento aos profesionais da 3º idade de Taboada a través dunha creación libre (debuxo, collage....) cunha mensaxe de agradecemento.

Veña animádevos e participade!  enviádeme os traballos antes deste venres 24 de abril. Imprimirémolos e serán enviados á residencia. 
Que a nosa mensaxe anime a todos os traballadores e usuarios da mesma!







viernes, 17 de abril de 2020

CÍRCULOS

As xoaniñas Erzsi e Alexa ensínannos os círculos que teñen polas súas casas. Moi ben xoaniñas!



















Máis actividades para practicar os círculos:


1. Os peixes e os círculos






2. Colorea soamente os círculos





3. Agora precisamos a axuda das nosas familias máis ca nunca..jeje





lunes, 13 de abril de 2020

BENVIDA PRIMAVERA



Como estamos dentro da casiña, as xoaniñas non nos damos conta...pero si, xa fai uns dias que....


 CHEGOU A PRIMAVERA!





Os días son máis longos, pois o sol está máis horas con nós e xa non vai tanto frío coma no inverno. Nacen as flores e as follas nas árbores...




A nosa amiga xoaniña tráenos un conto sobre a primavera...pero como ela di... estade atentas xoaniñas pois a través del traballaremos tamén a nosa memoria!

1. Escoitamos o conto e intentamos recordalo









Agora movémonos un pouquiño...a bailar xoaniñas! vaia ritmo!


2. A bailar!








3. Escoitamos a historia da mariposa, tamén podemos cantar e bailar








Máis actividades:


4. Ambientamos as nosas ventás e paredes.


- Colorea a maceta
- Colorea a planta
- Decora as flores como queiras, podes colorealas, pegarlles papeliños, pegarlles gomets, botóns...etc no centro...


descarga







5. Coloreamos debuxos da primavera



descarga




6. Facemos as fichas dos números 1 e 2



descarga






7. Grafomotricidade de primavera


Descargar

 



8. Facemos a nosa mariposa? veña anímate é moi fácil...

             




9. Si tes a sorte de ter xardín, finca, terraza...aproveita e recolle flores!

Podes clasificalas por cores, tamaños (grandes- pequenas) 













A PASCUA DE SARA

Xoaniñas... mirade que ben o pasou Sara esta Pascua!















lunes, 6 de abril de 2020

COELLIÑOS DE PASCUA

Seguindo o calendario escolar, esta  semana as xoaniñas estaríamos de vacacións de Semana Santa.

Déixovos aquí unha serie de actividades por si decidides celebrar a PASCUA cos nosos amigos os coelliños


1. Podemos ver o seguinte video:



2. Escoitar o conto ¨El verdadero conejo de Pascua¨


3. Falar sobre o conto

 ¿Cuántos hijos tenía la familia de conejos?
- ¿Qué es lo que querían saber los padres conejos?
- ¿Cuántos huevos de Pascua habían en la cesta?
- ¿Qué huevo eligió el conejo mayor?
- ¿Qué huevo eligió el conejo mediano?
- ¿Cuál de los 3 conejos era el verdadero conejo de Pascua y por qué?

4. Coloreamos os ovos, recortámolos e pegámolos na cesta

*podemos rodear cada ovo cun rotulador e picar ou recortar por esa liña. Así será máis fácil.





4.  Colorea o coelliño e o ovo que contén a inicial do teu nome







5. Colorea o coelliño, decora como queiras o resto da folla, dobla o folio pola metade e terás a tua tarxeta de pascua








6. Apetéceche facer unha caixiña ? colorea e decora o debuxo, pica ou recorta pola linea negra, pega os bordes e terás a túa caixa!

* Si non queres imprimir en cartulina, podes imprimir en folio e pegar despois o folio na cartulina, quedará máis resistente que si fas a caixiña só en folio






7. Cubre a cariña do coelliño con trociños de papel de xornal recortados dos teus dedos. Cando teñas toda a cara cuberta podes debuxarlle ou pegarlle ollos, nariz, bigotes, boca...


* Busca pola casa...seguro que tes botóns, lanas, fieltro...ou calquer outro material para facerlle a ollos, boca, nariz ou bigotes ao coelliño


viernes, 3 de abril de 2020

HORA DO CONTO - O POLO PEPE




Hoxe na hora do conto...



   O POLO PEPE


Escoitamos o conto. Atentas xoaniñas!


                                   









Agora facemos as actividades:


1. Falamos do conto










2.   Fichas para colorear Polo Pepe e mamá galiña








3. Os números 1 e 2 co Polo Pepe







3. Repasamos os círculos ca barriga do Polo Pepe




circulos.jpg


4. Escoitamos e bailamos a canción do Polo Pepe, esta vez en castelán






5. Grafomotricidade






6. Puzzle do Polo Pepe











7. Agora xoaniñas...atrevédesvos a facer o voso propio polo Pepe? veña animádevos! déixovos algunhas ideas



  





8. Para rematar...que vos parece si escoitamos unha canción que sabemos moi moi ben pois escoitabámola todos os días na clase e gústanos moito.



*Na clase temos 7 pollitos, igual que os días da semana. Todos os días na asamblea despertamos aos pollitos e contamos si están todos  1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7. Saudámolos:

BUENOS DIAS POLLITO LUNES
BUENOS DIAS POLLITO MARTES
BUENOS DÍAS POLLITO MIÉRCOLES
BUENOS DÍAS POLLITO JUEVES
BUENOS DÍAS POLLITO VIERNES
BUENOS DÍAS POLLITO SABADO
BUENOS DÍAS POLLITO DOMINGO


E poñémoslle o cascarón ao pollito do día no que estamos.



Déixovolos por aquí por si os queredes dercargar, ás xoaniñas coñécenos moi ben e tamén lles axudarán a repasar o concepto do paso do tempo, a saber o nome dos días  da semana....