viernes, 26 de febrero de 2021

PSICOMOTRICIDADE


Coma todos os venres rematamos a semana amosándovos a nosa sesión de psicomotricidade, hoxe adicada a un xogo popular

 '' a pita cega'' 🐔

Comezamos preparando o noso corpo para a actividade co QUECEMENTO













Rematado o quecemento fixemos a ACTIVIDADE PRINCIPAL























Que divertido!





Finalizamos a sesión coa RELAXACIÓN







miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA

 

Hoxe, 24 de febreiro, conmemórase o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

As xoaniñas quixemos renderlle homenaxe  no día que se cumplen 134 anos do seu nacemento. 






Comezamos a xornada falando da súa importancia e claro, para poñerlle cara, a Profe Lorena mostrounos fotografías de Rosalía de Castro





Despois iniciámonos no coñecemento da súa obra con'' Parece unha rosa''






E nos quixemos renderlle a nosa homenaxe a Rosalía de Castro no seu día




Rosalía non pode oirnos....pero seguro que lle encantaría! Jeje! 



Tamén pintamos o seu retrato e repasamos o seu nome





E rematamos a nosa homenaxe realizando estas fermosas rosas que tan ben lucimos ao marchar para a casa! 











FELIZ DÍA ROSALÍA🌹




martes, 23 de febrero de 2021

MUÑECOS DE NEVE COS NOSOS NOMES

 

Hoxe as xoaniñas quixemos escribir o noso nome dunha maneira diferente: en VERTICAL  e a súa vez orixinal: formando un boneco de neve  tan grande como así é o noso nome.







Mostrámosvos agora os pasos para a súa elaboración:

1º recortamos os círculos 






2º pegamos o primeiro círculo para facer a cabeza (coas partes da cara e os accesorios como o gorro) 





3º escribimos unha letra do noso nome en cada círculo






4º pegámolas en orde na cartulina





As xoaniñas máis pequenas contamos coa axuda das maiores e así é máis fácil!







Os máis peques repasamos as letras dos nosos nomes





un último paso, metemoslle un cordonciño para colgar 






e....listo! xa temos os nosos bonecos de neve personalizados!














lunes, 22 de febrero de 2021

VOCABULARIO DE INVERNO

As xoaniñas estamos traballando o vocabulario de inverno.

Desta vez tocaron as prendas de vestir.






E vestimos aos nosos amiguiños con roupa de inverno. 





Coloreamos, recortamos ou picamos e por último pegamos.








E así vestidiños de inverno quedaron os nosos amiguiños!








viernes, 19 de febrero de 2021

PSICOMOTRICIDADE

 

Xa tiñamos ganas de que chegase o venres para ter a sesión de psicomotricidade....pois o venres pasado celebramos o Entroido e non a pudemos facer.



Na sesión de hoxe traballamos con globos




Coma sempre dividimos a sesión en: 


QUECEMENTO 





ACTIVIDADE PRINCIPAL 

Vaia risa nos botamos cos globos! 






Coidado! Que non caia o globo ao chan!





Batallas de globos!


Parecemos coelliños saltaríns!








Patadiñas aos globos!






Atrapamos os globos e clasificámolos pola súa cor!





RELAXACIÓN


Ufff que cansiñas quedamos as xoaniñas! 

Relaxámonos,unhas máis ca outras, jeje




jueves, 18 de febrero de 2021

PARAGUAS MULTICOLORES

Hoxe as xoaniñas voltamos a aula con moitas ganas de traballar e fixemos estes paraugas multicores 







Mirade como os fixemos coloreando e pegando papeliños de cores 







Con esta actividade traballamos: 


*a coordinación motora fina 

* a coordinación ollo-man 

*a creatividade e a innovación 

*melloramos a expresión artística 


Xa estamos listas para a choiva!