jueves, 31 de octubre de 2019

DESPEDIMOS O SAMAÍN


O mércores 30 de outubro foi o último día de celebración do Samaín no cole.

Como non podía ser de outro xeito as xoaniñas despedímonos desta festa por todo o grande.



Algunhas xoaniñas viñemos disfrazadas, pero disfrazadas ou non o importante e que hoxe todas as xoaniñas o pasamos pipa!



















Os nenos de 6º de primaria viñeron a nosa aula a contarnos o conto da Bruxa Regañadentes...vaia medo nos meteron!










Moitas gracias amiguiños, encantounos o conto e pasámoo moi ben coa vosa visita






Despois do conto a Profe Lorena deunos un agasallo  por traer a nosa cabaza ao cole, tamén houbo agasallo para as xoaniñas que non trouxeron a súa cabaza!





Con estes lápices  imos a escribir moito moito!





Pero o día non rematou aquí, despois do recreo fomos a biblioteca, alí vimos un cachiño da película ¨Hotel Transilvania¨ mestras comiamos unha galletiñas terroríficas que nos repartiu a profe Lorena



e agora si, despedimos o Samaín ata o ano que vén! 


ADEUSSSSS





SAMAÍN POR TODO O COLE









Nos últimos días todo o CPI San Tomé do Carballo celebra o Samaín. As xoaniñas non quixemos perdernos detalle e xunto coa profe Lorena fomos ver que se estaba cocendo polo noso cole...






Según saímos ao patio....ohhhhhhh pero que é isto?
A bruxa Regañadentes voaba sobre o noso cole e...esnafrouse ! jajajaja as xoaniñas casi non puidemos parar de rir...pobre bruxiña!

























Esta bruxa máis que dar pena, o que da é risa!








Despois de sacarnos fotos coa bruxa fomos ao edificio de primaria....dentro os maiores dixéronnos que ata había fantasmas.....





No porche de entrada xa vimos esqueletos....¨uuuuuuu.....aquí vamos a pasar moito meeedooooo¨ , pensamos




Entramos e vimos o fantasma!


 
Tamén vimos as cabazas dos nenos e nenas de primaria, son moi bonitas!









E no piso de arriba.....tamén hai fantasmas!!!
 






 Encantounos a visita polo cole....





Encántanos o Samaín!









UMMMMMM COMEMOS FANTASMAS, ARAÑAS, CORAZÓNS DE ESQUELETE, ESTRELAS DA ESCOBA DA BRUXA E CABAZAS


As xoaniñas realizamos un taller de comidas de Samaín. Todos e todas participamos...e incluso nos atrevemos a probar!







Comezamos pelando os plátanos , partíndoos pola metade e clavándolles pepitas de chocolate para simular os ollos e a boca...










UUUUU  estes fantasmas si que dan medoooo


















Despois foi o turno das arañas...e das estrelas do pau da bruxa, das cabazas e dos corazóns dos esqueletos!
 


































































              Encántanos a comida terrorífica!