miércoles, 9 de octubre de 2019

A VENDIMAR!


Estamos no outono e un dos froitos que máis nos gusta desta época do ano son as uvas. Hoxe puidemos disfrutar vendimándoas e coméndoas na nosa clase.

As xoaniñas convertímonos en vendimadores e vendimadoras por un día! e a verdade é que non se nos da nada mal!

Primeiro comezamos falando un pouquiño desta froita:onde están,  qué podemos facer con elas, que forma teñen, si nos gustan, si vendimamos algunha vez...e cantamos e bailamos a canción u u u uvas




A continuación xa nos puxemos mans a obra....a verdade é que nos esperaba moito traballo
























Claro que, entre vendimar e vendimar, algunha uva había que probar!



Que ricas!











Houbo algún que outro accidente....pero estes vendimadores todo o solucionan!



Esta é a nosa colleita


Despois da recollida tocou probar as uvas sentadiños facendo un pequeno descanso...ainda quedaba moito que facer








Esmagamos e esmagamos ata sacarlles todo o zume.
Primeiro as uvas negras que dan mosto e viño tinto










A Xiana xa lle tardaba probalo....



Despois foi o turno de esmagar as uvas brancas que dan mosto e viño branco







Que rico este zume! Alexa ata chupaba os dedos!



Este foi o resultado


Todos quixemos probalo, a profe explicounos que este zume ainda non é viño, pois para convertirse en viño fai falta máis tempo e é necesario que ferva. Os nenos non podemos bebelo porque ten alcohol, pero si que podemos tomar o mosto!

E QUE RICO ESTABA!













No hay comentarios:

Publicar un comentario