lunes, 13 de enero de 2020

PROXECTO " O MEU NOME"


As xoaniñas seguimos traballando para identificar e escribir o noso nome. Hoxe fixémolo co xogo das casiñas.

Primeiro a profe Lorena presentounos as casiñas. Cada casa ten unha letra que se corresponde coas nosas iniciais.





Despois repartiunos os nosos nomes e tivemos que poñelos na nosa casiña.








Hai casiñas nas que vive 1 persoa en outras máis, depende do noso nome






Este xogo estará presente na nosa aula e así poderemos xogar no noso día a día. Que divertido!




No hay comentarios:

Publicar un comentario