martes, 24 de marzo de 2020

AS XOANIÑAS QUEDAN NA CASA

Estimadas familias da ¨Aula das xoaniñas¨ :

que raro se fai publicar nesta situación...pero é a que nos tocou vivir e polo tanto temos que tirar para adiante e facilitarlle ás xoaniñas o seu desenvolvemento na casa, pois desta vez non podemos contar co exterior ou co espazo aula.


                                           Resultado de imaxes para: dibujo mariquita en su casa
                                         AS XOANIÑAS QUEDAMOS NA CASA


Por fin me podo poñer en contacto con vós a través do blog, estes dias tiven algún que outro problema para acceder a blogger e polo tanto poder publicar. Entendede que, a veces, os profes tampouco temos os medios e a rede necesaria...jeje

Espero que toda a familia que formamos a ¨Aula das xoaniñas¨ estedes ben e que forades facendo as actividades propostas que vos facilitei o venres 13 de marzo.

Si vos apetece podedes subir fotos dos peques realizando ditas actividades así como calquera outra actividade ou acontecemento que nos queirades contar  ao blog ou tamén podedes mandalas ao meu correo electrónico : lorecosta55@gmail.com e eu encargareime de subilas ao blog.

Por outro lado recordarvos que calquera pregunta que me queirades facer podedes facela a través do blog ou do correo  citado anteriormente.


No seguinte enlace deixovos unha serie de actividades :


https://www.guiainfantil.com/libros/juego.htm


E lembrade....


AS XOANIÑAS QUEDAMOS NA CASA!




No hay comentarios:

Publicar un comentario