viernes, 19 de junio de 2020

REMATA O CURSO 2019/2020


Hoxe é un día sinalado. 

É un dos días marcados cun rotulador vermello no calendario alá polo mes de setembro e coa seguinte anotación:

 FIN DE CURSO

Hoxe para min como mestra sería un día cheo de contradiccións, por un lado chegarían as tan ansiadas vacacións de verán, pero por outro deixaría de ver aos meus alumnos, esas persoíñas das que tanto aprendería e cas que  compartiría risas e bos momentos ao longo do curso

Sen embargo este curso foi diferente. Deste curso aprendín a vivir o momento, a vivir o presente, a non pensar na semana que vén, no trimeste que vén...aprendín a  pensar no día a día e deixar de darlle voltas a cousas sen importancia, porque nas catro paredes da nosa aula pasan cousas maravillosas!

Onte volvín a nosa aula  por primeira vez dende aquel xoves 13 de marzo e dende a porta saquei esta foto. 





Esta imaxe  significa algo máis para min que unha aula pechada...cerrei os ollos e sentín  de novo as vosas risas, os vosos ruídos, o vosos olor, as vosas chamadas: profe, profe!

Significa que ainda que non estedes presentes hoxe nela xoaniñas...este espazo é vosos e estou desexando que chegue setembro para que o volvades encher de vida!



A AULA DAS XOANIÑAS ESTAVOS AGARDANDO!

Dentro duns días verémonos para despedirnos pero dende aquí hoxe quero desexarvos 

UN FELIZ VERÁN

Por suposto dar as gracias ás vosas familias xoaniñas, sen elas, sen a súa colaboración non formaríamos o gran equipo que somos!

GRACIAS




jueves, 18 de junio de 2020

TRIÁNGULO



A figura do triángulo tamén quere que a traballedes na casa xoaniñas



ESCOITADE AS SÚAS CANCIÓNS

















ESCOITADE O SEU CONTO







FACEMOS ESTAS FICHAS







BUSCAMOS POLA CASA XOGUETES, OBXECTOS...QUE TEÑAN FORMA DE TRIÁNGULO









XIANA E O NÚMERO 3


A xoaniña Xiana está super concentrada facendo as fichas do número 3









E saíronlle xenial!


Moi ben Xiana!


miércoles, 17 de junio de 2020

DENTRO - FORA



Hoxe traballamos conceptos matemáticos:


DENTRO - FORA


Acordádesvos que cuadradito non podía entrar na casa e que o lobo feroz quería entrar fose como fose nas casiñas dos 3 porquiños para papalos?


Xoaniñas escoitade atentas!








Agora facemos as actividades:


1. FICHAS









martes, 16 de junio de 2020

ALEXA E OS 3 PORQUIÑOS

Alexa tamén se animou a facer os traballiños do conto 

"Os 3 porquiños"



Mirade que chulada de casiñas!
Encántanme!

PROXECTO ¨ O MEU NOME ¨


Un proxecto que nos quedou a medio facer no cole é o proxecto

 ¨O MEU NOME¨ 

Traballamos nel dende mediados do 1º timestre e as xoaniñas xa avanzaron moito.

Comezamos identificando a inicial do noso nome para despois seguir coa totalidade das letras que o forman.

Estas fotos son dalgunhas das actividades que fixemos


Identificamos a nosa inicial entre varias letras


Unha vez identificada pegámoslle un gomet encima

Rellenamos a nosa inicial con cachiños de papel

                                                         

  Pero antes tivemos que identificar a nosa inicial e descolgala do cordel

Unha vez feitas fichas volvémolas a colgar do cordel




Identificamos a nosa inicial na alfombra da asamblea

Algunhas xoaniñas miramos pola tarxeta do  noso nome, pero non pasa nada...pouco a pouco identificarémolas soiñas


........................................


XOANIÑAS PROPÓÑOVOS AGORA ESTAS ACTIVIDADES SOBRE O VOSO NOME




XOGOS INTERACTIVOS ¨OS 3 PORQUIÑOS¨

Xoaniñas...non todo vai ser lápiz e papel, déixovos unha serie de xogos interactivos dos 3 porquiños que podedes facer directamente dende o mobil, a tablet ou o ordenador



A XOGAR!



















SARA E ¨OS 3 PORQUIÑOS¨



Unha vez máis Sara demóstranos o ben que traballa na súa casa, esta vez fixo os traballos relacionados co conto  

¨ OS 3 PORQUIÑOS ¨







E atención! 

cóntanos ela mesma o conto con material feito pola súa mami, que sorte ten Sara con esta mamá...jeje





lunes, 15 de junio de 2020

RETO 4 ¨PINTAMOS SOPRANDO¨


Hoxe tráiovos o RETO 4

para levar a cabo ao longo desta semana

 ¨PINTAMOS SOPRANDO¨ 






Veña xoaniñas animádevos...seredes capaces de superar este reto?




jueves, 11 de junio de 2020

HORA DO CONTO ¨OS TRES PORQUIÑOS¨


HOXE NA HORA DO CONTO...


¨OS TRES PORQUIÑOS¨





ESCOITAMOS ATENTOS O CONTO






Agora facemos unha serie de actividades relacionadas co conto


1. FALAMOS DO CONTO


Descarga








2. CONTAMOS E COLOREAMOS OS 3 PORQUIÑOS




3. GRAFOMOTRICIDADE COS 3 PORQUIÑOS




4. OBSERVA E UNE




5. O NÚMERO 3 E OS TRES PORQUIÑOS






6. QUERES CONVERTERTE NUN DOS 3 PORQUIÑOS OU NO LOBO? POIS FAI ESTAS CARETAS!






7. CONSTRÚE AS CASIÑAS DOS 3 PORQUIÑOS. DÉIXOCHE ALGUNHAS IDEAS








8. SI TE ATREVECHES CAS CASIÑAS, AGORA PODES FACER OS PORQUIÑOS E O LOBO E COLOCAR A CADA UN NA SÚA CASA





9. MIRA QUE MARIONETAS DO LOBO E DOS PORQUIÑOS...PODES COLOREALAS, RECORTALAS E METER OS TEUS DEDIÑOS POLOS BURATOS






10. MIRA QUE CANCIÓNS MÁIS CHULAS DOS 3 PORQUIÑOS...APRÉNDEAS E A BAILAR!









martes, 9 de junio de 2020

NÚMERO 3


Xoaniñas,

 despois do 1,2....vén o número 3




Fixádevos cómo se fai





Miramos estes videos nos que se 

asocia o número  3 coa cantidade que lle corresponde











Agora toca facer unhas FICHAS DO NÚMERO 3



(preme no 3 para descargar)








MÁIS FICHAS DO NÚMERO 3



(Preme no 3 para descargar)








PUZZLE DO NÚMERO 3


1. IMPRIME A FICHA
2. COLOREA
3. RECORTA AS PEZAS
4. INTENTA FACER O PUZZLE UNHA E OUTRA VEZ

Descarga



SARA SUPERA O RETO 3


A xoaniña Sara non puido agardar máis e xa se puxo a facer o RETO 3, mirade que ben se lle da...e sabedes un secreto xoaniñas? 


Con esta técnica, seica non se aburre nadiña!










RETO SUPERADO !

ALEXA SUPERA O RETO 3


Vaia sorpresa me deu Alexa xoaniñas!


Foi capaz de superar o reto 3 e ademais poñendo o meu nome!


1000 grazas Alexa!



RETO SUPERADO!

lunes, 8 de junio de 2020

TRABALLIÑOS DE SARA

Sara traballa moito e aquí a temos facendo as actividades do cuadrado.








Mirade ...ata se atreveu a facer a casiña!

Quedoulle moi chula!





Sigue así Sara!estás traballando xenial!


Nestes vídeis podemos ver como...


PEGA BOLIÑAS DE PAPEL






RECORTA


                             FORMA O CUADRADO


   



TRABALLIÑOS DE ALEXA


Aquí tedes a Alexa traballando unha vez máis!





Tamén atopou unha xoaniña e cóidaa moi ben!


RETO 3 ¨PINTAMOS CON PINTURA ESPONJOSA¨


Hoxe tráiovos o RETO 3

para levar a cabo ao longo desta semana

 ¨PINTAMOS CON PINTURA ESPONJOSA¨ 











Veña xoaniñas animádevos...

seredes capaces de superar este reto?


jueves, 4 de junio de 2020

HORA DO CONTO ¨POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA¨


HOXE NA HORA DO CONTO...


¨POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA¨



Escoitamos o conto




Déixovos o power point que elaborei para que poidades ler o conto unha e outra vez e tamén imprimilo








ACTIVIDADES


1. FALAMOS DO CONTO






2. FICHAS







2.  FACEMOS A ¨CASA GRANDE ¨ Á QUE QUERÍA ENTRAR CUADRADITO E NON PODÍA


Eu xa fixen a miña xoaniñas!











Ficha 2






Ficha 3






Ficha 4




Ficha 5







AGORA QUE XA SABEMOS UN POUCO MÁIS DO CUADRADO ESCOITAMOS ESTA CANCIÓN







3. BUSCA POLA CASA OBXECTOS QUE TEÑAN FORMA DE CUADRADO






4. FACEMOS MÁIS FICHAS


Fichas 




5. VISIONAMOS VIDEOS SOBRE A FIGURA DO CUADRADO









6.ATRÉVESTE A FORMAR UN CUADRADO? BUSCA OBXECTOS E FAI UN CUADRADO COMO TI QUEIRAS, PERO LEMBRA...TEN 4 LADOS!


Aquí tedes os meus cuadrados xoaniñas!