viernes, 19 de junio de 2020

REMATA O CURSO 2019/2020


Hoxe é un día sinalado. 

É un dos días marcados cun rotulador vermello no calendario alá polo mes de setembro e coa seguinte anotación:

 FIN DE CURSO

Hoxe para min como mestra sería un día cheo de contradiccións, por un lado chegarían as tan ansiadas vacacións de verán, pero por outro deixaría de ver aos meus alumnos, esas persoíñas das que tanto aprendería e cas que  compartiría risas e bos momentos ao longo do curso

Sen embargo este curso foi diferente. Deste curso aprendín a vivir o momento, a vivir o presente, a non pensar na semana que vén, no trimeste que vén...aprendín a  pensar no día a día e deixar de darlle voltas a cousas sen importancia, porque nas catro paredes da nosa aula pasan cousas maravillosas!

Onte volvín a nosa aula  por primeira vez dende aquel xoves 13 de marzo e dende a porta saquei esta foto. 





Esta imaxe  significa algo máis para min que unha aula pechada...cerrei os ollos e sentín  de novo as vosas risas, os vosos ruídos, o vosos olor, as vosas chamadas: profe, profe!

Significa que ainda que non estedes presentes hoxe nela xoaniñas...este espazo é vosos e estou desexando que chegue setembro para que o volvades encher de vida!



A AULA DAS XOANIÑAS ESTAVOS AGARDANDO!

Dentro duns días verémonos para despedirnos pero dende aquí hoxe quero desexarvos 

UN FELIZ VERÁN

Por suposto dar as gracias ás vosas familias xoaniñas, sen elas, sen a súa colaboración non formaríamos o gran equipo que somos!

GRACIAS




No hay comentarios:

Publicar un comentario