viernes, 2 de octubre de 2020

MEDALLAS E COLGANTES PARA AS XOANIÑAS

 

Rematou setembro e con el o periodo de adaptación e o horario flexible.

Noraboa a todas ás familias, tedes uns campeóns que superaron a volta ao cole, no caso de 4 anos, e o periodo de adaptación, no caso de 3 sen dificultade.

É certo que a algúns ainda lles costa un pouquiño pero todo vai sobre rodas!


As xoaniñas de 3 anos fixemos unhas medallas cas que celebramos a superación do periodo de adaptación


A profe Lorena deunos uns círculos de cartulina e tivemos que facer moitos puntos de cores con rotuladores para decoralo.

 Mirade que ben se nos deu!





As xoaniñas de 4 anos tamén fixemos puntiños de diferentes cores cos rotuladores sobre un rectángulo.




Despois identificamos o noso nome entre todos os nomes dos nenos e nenas de 4 anos, collémolo e pegámolo.



Por último a profe plastificounos e púxolles uns colgantes de la.





Así de guapos marchamos hoxe todos cara a casa!



Boa fin de semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario