sábado, 30 de enero de 2021

DÍA DA PAZ


Hoxe, día 30 de xaneiro, conmemórase o Día da Paz e non Violencia 




Onte, venres, as xoaniñas realizamos unha serie se actividades no cole para conmemorar este día.


NEVA PAZ

Na asamblea reunidos observamoz os copos de neve e pensamos en palabras que nos transmiten PAZ





A profe Lorena escríbeas na pizarra e os maiores cópianas no copo.




Recortámolos e pegámolos na árbore onde xa os compañeiros de 5 anos xa puxeran os seus copos.




Así de chulo quedou e berramos o noso desexo: Que neve PAZ!







A PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS

As xoaniñas sabemos que está nas nosas mans portarnos ben, non pelexar, dar bicos e abrazos, ser amigos, dar amor....con todo isto teremos PAZ. 

Sabemos que a PAZ está nas nosas mans!

Para realizar este mural estampamos as nosas mans con pintura blanca .





Así de chulo quedou e berramos todos xuntos:




A PAZ está nas nosas mans!

E para aproveitar a pintura das nosas man fixemos estan pombas!






REIS E RAÍÑAS DA PAZ


Sen dúbida os reis e as raíñas do día da PAZ somos as xoaniñas!
E como todos os reis e raíñas teñen coroa....fixemos as nosas con cartulina e empregando a técnica do grafismo para decorar a nosa pomba


Así de chulas nos quedaron! 


E nós, as xoaniñas,ben guapas!





CANCIÓN POLA PAZ

Neste día tan eapecial non podía faltar a música e si hai unha canciĺn que é todo un símbolo de PAZ é imagine.



Saímos ao patio e cantámola con todos os nenos e nenas do cole!




E como di a canción non vos esquezades de....
Imaxinar a tódalas persoas vivindo en  PAZ! 




Foi tan divertido que ata nos animamos a bailar unha canción que prepararon os maiores! 




E fixémolo tan ben que nos agasallaron cunha chocolatima e unha canción que nos encanta....mirade o video para averiguar cal é!




miércoles, 27 de enero de 2021

TRASVASES

 

Un elemento moi presente no inverno é a auga, que pode estar en diferentes estados, como por exemplo, líquido no caso da choiva!




Hoxe as xoaniñas levamos a cabo unha actividade moi divertida: 

TRASVASES DE AUGA.




 
Entre os beneficios desta actividade están:


- Mellora as habilidades motoras finas
- Fortalece os músculos das mans
- Desarrolla a atencición e a concentración
- Mellora a coordinaciçon óculo-manual




Comezamos botándolle un pouquiño de colorante a auga...así sería máis divertido!







Aproveitamos tamén para traballar a cantidade e cunhas tarxetas de números fixemos un pequeno reto:




Ufff! Esto require moita concentración!







Para as xoaniñas de 3 anos empregamos xarras máis pequeniñas


















martes, 26 de enero de 2021

MURAL DE INVERNO


Hoxe as xoaniñas presentámosvos o mural de inverno que preside a nosa aula.



Para a súa elaboración adicamos varios días, empregamos varias técnicas e seguimos os seguintes pasos:

1° Posamos ben abrigadiños




2° Pintamos neve con pintura de dedos sobre cartulina











3° Identificamos entre todas a nosa foto e pegámola na cartulina unha vez seca






4° Colocamos  a neve no mural e as nosas cartulinas






5° Coloreamos e recortamos as letras de INVERNO e pegámolas no mural





E.... aquí está o resultado!



lunes, 25 de enero de 2021

COMEMOS FROITA

No  noso calendario de merendas temos un dia de froita...pero sabemos os beneficios que ten comer froita a diario para medrar sans e fortes e seguro que a comemos todos os días a algunha  hora do día,pois está moi rica e temos unha gran variedade onde elexir!





Dende o cole sabemos a importancia desto e , como sabedes, dende o día 18 de xaneiro ata o 2 de febreiro na hora da merenda daremos aos peques froita. As xoaniñas poden seguir con normalidade o calendario de merendas e completalo coa  froita que aquí lle damos.






Mirade que ben a comen! Bueno...uns mellor ca outros!😆