sábado, 30 de enero de 2021

DÍA DA PAZ


Hoxe, día 30 de xaneiro, conmemórase o Día da Paz e non Violencia 




Onte, venres, as xoaniñas realizamos unha serie se actividades no cole para conmemorar este día.


NEVA PAZ

Na asamblea reunidos observamoz os copos de neve e pensamos en palabras que nos transmiten PAZ





A profe Lorena escríbeas na pizarra e os maiores cópianas no copo.




Recortámolos e pegámolos na árbore onde xa os compañeiros de 5 anos xa puxeran os seus copos.




Así de chulo quedou e berramos o noso desexo: Que neve PAZ!







A PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS

As xoaniñas sabemos que está nas nosas mans portarnos ben, non pelexar, dar bicos e abrazos, ser amigos, dar amor....con todo isto teremos PAZ. 

Sabemos que a PAZ está nas nosas mans!

Para realizar este mural estampamos as nosas mans con pintura blanca .





Así de chulo quedou e berramos todos xuntos:




A PAZ está nas nosas mans!

E para aproveitar a pintura das nosas man fixemos estan pombas!






REIS E RAÍÑAS DA PAZ


Sen dúbida os reis e as raíñas do día da PAZ somos as xoaniñas!
E como todos os reis e raíñas teñen coroa....fixemos as nosas con cartulina e empregando a técnica do grafismo para decorar a nosa pomba


Así de chulas nos quedaron! 


E nós, as xoaniñas,ben guapas!





CANCIÓN POLA PAZ

Neste día tan eapecial non podía faltar a música e si hai unha canciĺn que é todo un símbolo de PAZ é imagine.



Saímos ao patio e cantámola con todos os nenos e nenas do cole!




E como di a canción non vos esquezades de....
Imaxinar a tódalas persoas vivindo en  PAZ! 




Foi tan divertido que ata nos animamos a bailar unha canción que prepararon os maiores! 




E fixémolo tan ben que nos agasallaron cunha chocolatima e unha canción que nos encanta....mirade o video para averiguar cal é!




No hay comentarios:

Publicar un comentario