lunes, 31 de mayo de 2021

YASMINE CUMPLE 5

 

Onte Yasmine cumpliu 5 anos e hoxe celebrouno con todas as xoaniñas!




Convidounos a tarta, soprou as velas e bailamos para celebrar unha data tan especial! 




FELICIDADES YASMINE!

viernes, 28 de mayo de 2021

PSICOMOTRICIDADE

 

Na sesión de hoxe de psicomotricidade as xoaniñas disfrutamos como nenos/as que somos🤪 

Nesta sesión fixemos actividades con cordas!




Son moitos os beneficios deste tipo de materias (mellora a nosa resistencia e flexibilidade, liberamos adrenalina,traballamos a coordinación e a nosa motricidade grosa...)

As actividades con corda son exercicios moi completos, polo que todo neno/a debería ter a opción de poder xogar cunha corda.


 As cordas son un bo agasallo familias!😉





Comezamos a sesión co QUECEMENTO





Seguimos cos diferentes xogos  con cordas

 ¨XOGO CAS CORDAS ¨ xogo libre individual descubrindo as moitas posibilidades da corda




 ¨SOMOS MOMIAS ¨ xogo en parella. Primeiro envolvese un e despois o outro



 ¨RESCATE ¨ xogo en parella. Unha xoaniña túmbase no chan, simulando que caeu nun burato, a outra tira por ela simulando o rescate




 ¨EQUILIBRISTAS ¨ ao igual que os equilibristas do circo as xoaniñas m,antemos o equilibrio pola corda floxa!



¨TIRO CON CORDA¨ primeiro en parellas e despois en grupo tiramos pola corda





¨SALTAMOS Á CORDA ¨ dúas xoaniñas dan á corda facendo o efecto ¨culebrilla¨ e o efecto ¨ondas¨ e saltamos




miércoles, 26 de mayo de 2021

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

 

Onte as xoaniñas disfrutamos dunha actividade dentro do programa ''Aliméntate ben'' na cal aprendemos moitas cousas sobre peixes, mariscos e algas. 



Da man de Uxía e Roque coñecemos diferentes tipos de peixe:

SARDIÑAS, PEIXE SAPO, ROBALIZA, LINGUADO...

Tamén dos mariscos PERCEBE, VIEIRA, NÉCORA e da alga ARGAZO




E as formas de pesca REDE, BARCOS, BATEAS, NASAS e de cociñalos Á PRANCHA, AO FORNO...




O peixe e o marisco teñen moitas vitaminas e minerais, algo moi necesario para o noso crecemento! As xoaniñas temos que comer moito peixe e marisco para estar fortes e sans!





Para rematar a xornada coloreamos e decoramos o noso peixe no mar









SOMOS BOS PEIXES!














lunes, 24 de mayo de 2021

FESTA DOS MAIOS


O pasado venres os nenos e nenas do cole celebramos a festa dos Maios. 




Todos xuntos disfrutamos dunha xornada única chea de natureza, música e tradición.  







Arredor do Maio cada curso fixo a súa actuación despois da lectura das coplas. 




Disfrutamos un montón!






viernes, 21 de mayo de 2021

SARA CUMPLE 5

 
A xoaniña Sara cumpliu onte 5 anos e hoxe celebrouno na aula con todas as xoaniñas. 


Convidounos a biscoito de chocolate e fixemos festa... moita festa!








miércoles, 19 de mayo de 2021

DISFRUTAMOS CAS PLANTAS E PINTAMOS CON MARGARITAS


Esta mañá cando chegamos a aula atopámonos con que moitas xoaniñas trouxemos as plantas e flores para facer a festas dos MAIOS. 





Uz, xesta, sabugueiro, azahar, rosas, calas, fiuncho...encheron de olor e color a nosa aula







Tocámolas, puidemos olelas, comprobamos as súas cores e a súa textura... 






















A Profe Lorena levounas para facer o Maio, o venres todos os nenos e nenas do cole disfrutaremos na festa!


E aproveitando esta temática, hoxe na " hora dos artistas" as xoaniñas pintamos con flores!