lunes, 17 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 

Hoxe 17 de maio celebramos o ¨ DÍA DAS LETRAS GALEGAS ¨ 




Na aula das xoaniñas estivemos falando sobre esta conmemoración e aprendemos moito sobre esta data e sobre Xela Arias!





As xoaniñas falamos, lemos, escoitamos, vemos debuxos e películas en galego, pero sabedes cal é unha das nosas accións favoritas en galego? mirade:

 Letras Galegas 2021


 


Tamén fixemos este puzzle conmemorativo sobre a persoa  homenaxeada este ano: Xela Arias








E para celebralo por todo o alto recibimos un agasallo por parte do cole. Un libro en galego!






Así de contentas marchamos para a casa co noso libro de Xela Arias!






Xela Arias non escribía para nenos e nenas da nosa idade, pero fixeron esta adaptación xunto cos Bolechas que nos achega á literatura galega xa dende ben pequenos! Sen dúbida unha data que xa dende ben pequeniñas as xoaniñas teremos presente nas nosas vidas! 

VIVAN AS LETRAS GALEGAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario