viernes, 25 de febrero de 2022

ENTROIDO. VENRES


Rematamos a semana do Entroido co venres, o noso día favorito! 

Cada xoaniña  veu disfrazada da casa e estabamos ben guapas! 





























Disfrutamos dunha chocolatada con churros cos compañeiros de outros cursos no patio do cole 😋






Despois fomos ao recreo e finalizamos o día co desfile e a festa de Entroido!




⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟




jueves, 24 de febrero de 2022

ENTROIDO. XOVES

 

Pouco a pouco vai pasando a semana e xa chegamos a xoves😉

Hoxe as xoaniñas tivemos que traer todos os mandatos do Meco. 
- Algo na cabeza
- Algo no pescozo
- Mandil
E así de guapas viñemos ao cole





Aproveitamos tamén para elaborar estes antifaces tan coloridos.




Primeiro coa axuda da Profe Lorena plasmamos as nosas mans sobre unha cartulina branca. 




A continuación, e despois de que a profe os recortara, pintamos con pintura de dedos, cada xoaniña foi fiel ao seu estilo 😉 así atopamos antifaces de todo tipo e colorido! 





Por último, e unha vez secos picamos os ollos.




Despois a Profe púxolle unha goma e pegoulle con silicona quente as  plumas. 
Estamos irrecoñecibles verdade que sí?









🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐


miércoles, 23 de febrero de 2022

CONMEMORANOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Hoxe 23 de febreiro conmemoramos o '' Dia de Rosalía de Castro'' na aula das xoaniñas.




Moitas acordabámonos do ano ano pasado de moitos datos desta escritora galega, pero ainda así aproveitamos esta data para recordalos. 

Primeiro vimos un video informativo sobre a vida de Rosalía de Castro e escoitamos poemas recitados por nenos e nenas. 

A xoaniña Alejandra comentounos que o seu favorito era '' adiós ríos, adiós fontes''  

Mirade que ben o sabe!










A continuación elaboramos un marcapáxinas que hoxe levamos para a casa. Picamos co punzón e pegamos a foto de Rosalía no marcapáxinas 











Seguidamente memorizamos un anaquiño do poema ''ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES'' que ía no reverso do narcapáxinas e que tan ben sabe Alejandra😉





🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟


ENTROIDO. MÉRCORES

 

Seguimos con mandatos do Meco e hoxe as xoaniñas puxemos algo ao pescozo!


🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐

martes, 22 de febrero de 2022

ENTROIDO. MARTES

 

Hoxe martes foi o día do mandil, as xoaniñas estabamos ben guapas!😁



🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟

lunes, 21 de febrero de 2022

ENTROIDO. LUNS

 

Hoxe luns as xoaniñas inauguramos a semana do Entroido no cole

🎉🤡🤡🤡🤡🎉


Seguindo os mandatos do Meco hoxe trouxemos algo na cabeza. 
Mirade que guapiñas estamos! 





Pero hoxe tamén elaboramos unhas caras de paiaso para decorar a nosa aula. 

Comezamos o venres pintando platos de carton con témpera de cores.







Unha vez secos, hoxe comezamos a pegarlles o pelo, a boca, o nariz...






Mirade que chulada de paiasos! 
             





















Encántanos o entroido!

🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟