jueves, 24 de febrero de 2022

ENTROIDO. XOVES

 

Pouco a pouco vai pasando a semana e xa chegamos a xoves😉

Hoxe as xoaniñas tivemos que traer todos os mandatos do Meco. 
- Algo na cabeza
- Algo no pescozo
- Mandil
E así de guapas viñemos ao cole





Aproveitamos tamén para elaborar estes antifaces tan coloridos.




Primeiro coa axuda da Profe Lorena plasmamos as nosas mans sobre unha cartulina branca. 




A continuación, e despois de que a profe os recortara, pintamos con pintura de dedos, cada xoaniña foi fiel ao seu estilo 😉 así atopamos antifaces de todo tipo e colorido! 





Por último, e unha vez secos picamos os ollos.




Despois a Profe púxolle unha goma e pegoulle con silicona quente as  plumas. 
Estamos irrecoñecibles verdade que sí?









🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐


No hay comentarios:

Publicar un comentario