miércoles, 30 de marzo de 2022

BOLBORETAS DE PRIMAVERA


Estes últimos días as xoaniñas estivemos facendo unha composicion primaveral ''bolboretas''😉 coa técnica de estampación.




A Profe Lorena deulle forma as esponxas coa axuda dunhas gomas. 





Preparamos os platos coa pintura e despois de escribir a palabra PRIMAVERA comezamos a estampar.  











Así nos quedaron. 





Deixámolos secar ata o día seguinte e fixémoslles os últimos retoques! 





Agora só lles queda voar pola nosa aula!👏👏👏




⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐


lunes, 28 de marzo de 2022

ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS


O pasado venres as xoaniñas vivimos un momento moi divertido no cole, visitounos Paco Nogueiras e puidemos disfrutar do seu espectaculo en directo.


Contounos varios contos: Elmer, O can de Milu, Quen é ese becho?, Selva, Ratos na escola... E acompañounos da sua música! 






Mirade  canto disfrutamos!









Ese mesmo día tamén tivemos psicomotricidade e desta volta subimos ao ximnasio coa Profe Lorena a facer diferentes actividades












⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐


jueves, 24 de marzo de 2022

CHEGOU A PRIMAVERA

 

O pasado domingo día 20 comezou a PRIMAVERA.




As xoaniñas estivemos decorando as nosas ventás con motivos primaverais. 







Comezamos picando as flores e as bolboretas con punzón.







Seguidamente colocámoslle o gomet as flores e as purpurina ás bolboretas.








Por último pegámolas nas ventás! 






BENVIDA PRIMAVERA!

⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐


viernes, 18 de marzo de 2022

ANALIZAMOS PALABRAS


Avanzamos na lectoescritura e as xoaniñas de 5 analizamos palabras nestas pizarras que elaborou a Profe Lorena. 




Con este tipo de actividades traballamos:

*Conteo
*Distinción de letras
*Silabeo
*Adquisición de vocabulario



Podemos facelo na asamblea ou como traballo individual na mesa. 










Gústanos moito porque podemos borrar unha e outra vez e é un soporte diferente as fichas!
















⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐


 

lunes, 14 de marzo de 2022

ALEXA CUMPLE 6


Hoxe a xoaniña Alexa cumple 6 anos e así de contenta o  celebrou na aula! 






Rodeada de todas as xoaniñas soprou a vela do número 6.





Convidounos a tarta... 






E tivemos festa...moita festa! 






MOITAS FELICIDADES ALEXA!


viernes, 11 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

Esta semana conmemorouse a ''SEMANA DA PRENSA'' 




Hoxe venres as xoaniñas adicamos un tempo a traballar cos xornais na aula.  







Somos moi noviñas para ler os xornais e para entender todo o que nos contan, pero si que mirando e mirando as súas follas hai noticias que chaman  a nosa atención. 







Aproveitamos para traballar a lectoescritura a partir de diferwntes titulares. Así identificamos as vocais nas diferentes palabras e a cantidade existente de cada vocal. 









Nos xornais podemos atopar tamén a predicción do tempo meteorolóxico, así comprobamos o tempo en Galicia e na nosa vila Taboada 




Comprobamos tamén que hai noticia boas... Pero tamén malas....😔 



E levamos un xornal para a casa!





⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐

martes, 8 de marzo de 2022

8 de MARZO. DIA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Como cada 8 de marzo na aula das xoaniñas conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. 




As xoaniñas recordamos a importancia deste día e valoramos a igualdade. Nenos e nenas, homes e mulleres somos iguais e temos a mesma importancia e valor na sociedade na que vivimos.

Así o recolle o cartel que preside  a entrada do noso edificio. 






E tendo en conta a importancia das mulleres na nosa sociedade fixemos un agasallo para a muller máis importante das nosas vidas... A NOSA MAMÁ! 










Esperamos que vos gustase o noso agasallo!

 FELIZ DÍA A TODAS AS MULLERES!

⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐