viernes, 11 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

Esta semana conmemorouse a ''SEMANA DA PRENSA'' 




Hoxe venres as xoaniñas adicamos un tempo a traballar cos xornais na aula.  







Somos moi noviñas para ler os xornais e para entender todo o que nos contan, pero si que mirando e mirando as súas follas hai noticias que chaman  a nosa atención. 







Aproveitamos para traballar a lectoescritura a partir de diferwntes titulares. Así identificamos as vocais nas diferentes palabras e a cantidade existente de cada vocal. 









Nos xornais podemos atopar tamén a predicción do tempo meteorolóxico, así comprobamos o tempo en Galicia e na nosa vila Taboada 




Comprobamos tamén que hai noticia boas... Pero tamén malas....😔 



E levamos un xornal para a casa!





⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐

No hay comentarios:

Publicar un comentario