lunes, 29 de marzo de 2021

FIN DO 2° TRIMESTRE


As xoaniñas rematamos o  2° trimestre e imos de vacacións ata o próximo 6 de abril




E para despedir o trimestre como se merece pasamos unha xornada ben entretida.




Non nos esquecemos que, como todos os venres,  tocou psicomotricidade e desta vez  a sesión foi sobre rodas! 

MONTAMOS EN PATINETE!






Mirade que ben o facemos!






Gastamos tanta enerxía que ata nos deu fame!










E seguimos cunha degustación de patés de peixe que nos ofreceu o cole dende o Plan  '' ALIMÉNTATE  BEN ''










Todos probamos e a uns gustounos e a outros non moito...pero o importante é alimentarse ben para estar fortes e sans e para iso debemos comer peixe, xa sexa en paté ou en calquer outro prato!


E tocou despedirse ata dentro duns días cando comecemos o 3° trimestre. Cada un recolleu a bolsiña cos seus traballos do 2° trimestre e marchamos moi contentos, traballamos duro e agora toca descansar!










jueves, 25 de marzo de 2021

COLGANTE REMATE DE TRIMESTRE

 

As xoaniñas queremos poñernos guapas e recibir as vacacións mañá venres como se merece....e para iso hoxe fixemos este colgante tan chuli pois xa superamos o 2° trimestre! 






Comezamos coloreando 








Continuamos recortando 





E para rematar... a Profe púxolle o cordón.

Non nos digades que non estamos guapas!




miércoles, 24 de marzo de 2021

ESTAMPACIÓN

 
Desta volta na  ¨hora dos artistas¨ as xoaniñas estampamos con pataca!






A Profe Lorena partiu as patacas á metade e cun coitelo trazou diferentes formas




Deunos unha metade a cada xoaniña


  





E despois de botarlle pintura estampamos unha e outra vez sobre o papel! 






Parecen auténticos ovos de Pascua! 






Gustounos moito esta actividade, estamos desexando repetila!










martes, 23 de marzo de 2021

OVOS DE PASCUA

 

Hoxe as xoaniñas creamos estes ovos de Pascua tan coloridos!






Déronnos o seu traballo! Jeje....picar, recortar....pero o esforzo mereceu a pena!












Así de bonita luce a nosa aula!




lunes, 22 de marzo de 2021

RECIBIMOS A PRIMAVERA

 

O pasado día 20 estreamos estación: 

chegou a PRIMAVERA




Para conmemorar a chegada  desta estación as xoaniñas fixemos unhas pulseras moi primaverales!  


1º coloreamos








2º picamos co punzón (as xoaniñas maiores)





3º Puxémoslles o noso nome, a Profe Lorena púxolles un velcro e... listas! 


Así de guapoas marchamos as xoaniñas hoxe para a casa!








Encántanos a primavera!