jueves, 4 de marzo de 2021

CHOIVA DE CORES


O inverno está rematando e o próximo 20 de marzo daremos a benvida á primavera, pero antes as xoaniñas queremos seguir traballando fenómenos meteorolóxicos tan habituais desta estación como é a choiva, e que mellor maneira que facelo que con esta choiva de cores!





En grupos preparamos todo o necesario: 

auga, culleres, tarro de cristal, espuma e colorante...




 A continuación botamos a auga nos tarros. 

Cubrimos a superficie con espuma, como si se tratase dunha nube...

Engadimos o colorante e..

tachhhhaaaaannn


 





COMEZA A CHOVER!











Pouco a pouco puidemos ir comprobando como a choiva non é máis que a auga acumulada que xa non poden soportar as nubes e cae en forma de gotas. 

Mirade como disfrutamos...e non nos mollamos!









No hay comentarios:

Publicar un comentario