martes, 9 de marzo de 2021

8 M. DIA INTERNACIONAL DA MULLER


O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da muller




As xoaniñas comezamos a xornada deixando claro que nenos e nenas somos iguais en canto a un dereitos e obrigas, sendo capaces de facer as mesmas cousas!  Todos podemos planchar,ler contos, coidar dos bebés, xogar con coches,limpar...











Vimos o conto MARUXA








Este conto fálanos da historia dunha parella das que, por desgraza aínda queda algunha. Ela facía todas as tarefas da casa mentres o marido descansaba, ata que un día Maruxa cansou e decidiu facer o posible para que se Pepe quería comer tería que colaborar.

Dende aquel día Maruxa e Pepe comparten as tarefas da casa.




Seguimos neste día tan especial falando na asamblea da importancia das mulleres e claro....falando de mulleres importantes...todas as xoaniñas estaban de acordo: A MULLER MÁIS IMPORTANTE DA SÚA VIDA É A SÚA MAMÁ! 

E mirade que había dentro da caixa da xoaniña...

Fotos das nosas mamás!










Cada xoaniña foi decindo o nome da súa mamá e porque é tan importante, despois entre todos decidimos facerlles unha homenaxe e puxémonos mans a obra!
























E este é o resultado final!













No hay comentarios:

Publicar un comentario