viernes, 30 de abril de 2021

PSICOMOTRICIDADE


As semanas voan... e hoxe venres despedímonos do cole con esta sesión de psicomotricidade ben divertida! 


Facemos a carretilla!




A través  desta actividade en parella traballamos a coordinación co noso compañeiro/a e fortalecemos os músculos do noso corpo.  





Si sempre é necesario o quecemento antes de calquer actividade física, hoxe moito máis...


QUECEMENTO 







ACTIVIDADE PRINCIPAL 




RELAXACIÓN






jueves, 29 de abril de 2021

SUMAMOS

 

Que divertido é sumar na '' aula das xoaniñas''!


Con esta máquina de sumar non hai sumas que se nos resistan!


Así suman Alejandra, Sara, Erzsi e Xosé 




Así suman Adrián, Uxía, Daniel e Luis 





Así suman Marco, Yasmine, Eric e Xiana 





Así suman Alexa, Mario, Yaiza, Martina e Gael





E seguimos practicando!



miércoles, 28 de abril de 2021

EN ABRIL AUGAS MIL

 

Este ano o refrán ''en abril augas mil'' estase a cumplir e as xoaniñas cansas de tanta auga....decidimos ''xogar con ela'' 😉 



Así a Profe Lorena preparoumos este xogo no que, partindo do número que ten cada nube, colocamos esa cantidade de gotas de auga.  




Con este xogo asociamos  cantidade a un número de forma manipulativa e divertida!







lunes, 26 de abril de 2021

PINTURA DE DEDOS

 

Hoxe as xoaniñas pintamos con pintura de dedos estas bolboretas tan fermosas. 




Gústanos moito pintar con pintura de dedos e ademais é moi beneficioso para o noso desenvolvemento. Con este tipo de actividades:

*Despertamos a nosa creatividade, imaxinación e expresión artística.

* Potenciamos a nosa autoestima 

*Estimulamos a coordinación motora  e a motricidade fina de mans e dedos

*Traballamos o razonamento espacial


Mirade que ben se nos deu pintar con pintura de dedos!








Somos unhas artistas!


viernes, 23 de abril de 2021

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

 

Hoxe 23 de abril conmemórase o día do libro.





Con este motivo as xoaniñas centramos toda a nosa xornada de hoxe nos libros, un obxectos máxicos capaces de levarnos de viaxe a diferentes lugares, facernos sentir diferentes emocións, introducirnos en maravillosas historias...sin movernos do sitio no que estamos. 


Comezamos a xornada cunha inmersión nos libros á primeira hora da mañá. Así estaba a nosa asamblea. 





Falamos da celebración do día do libro e do importante que son os libros nas nosas vidas e aproveitamos para leer un pouquiño. 






E si hai un libro que non debemos deixar de mencionar un día como o de hoxe é ¨EL PRINCIPITO¨ de Antoine de Saint-Exupéry, un libro cheo de frases e leccións de vida para nenos e non tan nenos!







A profe Lorena contounos o conto e despois vímolo na pantalla








Chamounos moito a atención a amizade que fixo  co zorro e esto levounos a pensar no importante que son para nós os amigos e de ternos uns aos outros.

Fixemos este marcapáxinas con forma de zorro que levamos para a casa para  marcar as páxinas dos nosos contos.

 




Coloreamos o  debuxo do Principiño e do seu zorro




Para conmemorar este día fixemos tamén en conxunto todo Infantil este mural e ambientar así un pouquiño o hall do noso edificio 






As xoaniñas non nos esquecemos que hoxe é venres e tivemos tamén sesión de psicomotricidade, por suposto....adicada aos libros!







Hoxe as actividades principais tiñan como protagonistas aos libros.


OS RECOLLELIBROS 


En parellas temos que conseguir meter na nosa caixa a maior cantidade de libros. Despois contámolos e gaña a parella que máis libros metera na súa caixa.






EQUILIBRIO CON LIBROS  

Con moito coidado de que non nos caia, desprazámonos polo espazo cun libro na cabeza mantendo o equilibrio e intentando chegar ao punto establecido





CARREIRA DE LIBROS

Empuxamos coas nosas mans o libro ata facelo chegar a meta






CIRCUITO DE LIBROS


Sorteando os libros facemos o circuito




Rematamos a xornada cun paseo polo cole. 

Visitamos o outro edificio e puidemos ver que tamén está ambientado para a ocasión cun murais ben fermosos!




Mirade que cousiñas tan bonitas se poden facer con libros! 








E detrás dunha porta escóndese.... 




A BIBLIOTECA! 


















Gustounos moito celebrar o día do libro entre todos, pasámolo xenial e sobre todo decatámonos da súa importancia nas nosas vidas!







jueves, 22 de abril de 2021

GRAFISMO. FLORES DE PRIMAVERA


Hoxe na '' hora dos artistas'' as xoaniñas fixemos estas flores tan chulas a partir dunhas siluetas que en principio nos parecían un pouco de todo: flores, estrelas, nubes...

Comezamos colocando un gomet no centro de cada unha. Os maiores soíños, os peques partindo dun punto central que nos fixo a profe Lorena e así puxemos o gomet enriba de cada punto.

Tiñamos que estar súper concentrados!

Seguimos despois decorando cada flor con rotuladores a partir de diferentes trazos. Este foi o resultado despois de deixar voar a nosa imaxinación!







Para finalizar fixemos estas flores tan chulis de plastilina. O dito: as xoaniñas somos unhas artistas!