viernes, 23 de abril de 2021

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

 

Hoxe 23 de abril conmemórase o día do libro.





Con este motivo as xoaniñas centramos toda a nosa xornada de hoxe nos libros, un obxectos máxicos capaces de levarnos de viaxe a diferentes lugares, facernos sentir diferentes emocións, introducirnos en maravillosas historias...sin movernos do sitio no que estamos. 


Comezamos a xornada cunha inmersión nos libros á primeira hora da mañá. Así estaba a nosa asamblea. 





Falamos da celebración do día do libro e do importante que son os libros nas nosas vidas e aproveitamos para leer un pouquiño. 






E si hai un libro que non debemos deixar de mencionar un día como o de hoxe é ¨EL PRINCIPITO¨ de Antoine de Saint-Exupéry, un libro cheo de frases e leccións de vida para nenos e non tan nenos!







A profe Lorena contounos o conto e despois vímolo na pantalla








Chamounos moito a atención a amizade que fixo  co zorro e esto levounos a pensar no importante que son para nós os amigos e de ternos uns aos outros.

Fixemos este marcapáxinas con forma de zorro que levamos para a casa para  marcar as páxinas dos nosos contos.

 




Coloreamos o  debuxo do Principiño e do seu zorro




Para conmemorar este día fixemos tamén en conxunto todo Infantil este mural e ambientar así un pouquiño o hall do noso edificio 






As xoaniñas non nos esquecemos que hoxe é venres e tivemos tamén sesión de psicomotricidade, por suposto....adicada aos libros!







Hoxe as actividades principais tiñan como protagonistas aos libros.


OS RECOLLELIBROS 


En parellas temos que conseguir meter na nosa caixa a maior cantidade de libros. Despois contámolos e gaña a parella que máis libros metera na súa caixa.






EQUILIBRIO CON LIBROS  

Con moito coidado de que non nos caia, desprazámonos polo espazo cun libro na cabeza mantendo o equilibrio e intentando chegar ao punto establecido





CARREIRA DE LIBROS

Empuxamos coas nosas mans o libro ata facelo chegar a meta






CIRCUITO DE LIBROS


Sorteando os libros facemos o circuito




Rematamos a xornada cun paseo polo cole. 

Visitamos o outro edificio e puidemos ver que tamén está ambientado para a ocasión cun murais ben fermosos!




Mirade que cousiñas tan bonitas se poden facer con libros! 








E detrás dunha porta escóndese.... 




A BIBLIOTECA! 


















Gustounos moito celebrar o día do libro entre todos, pasámolo xenial e sobre todo decatámonos da súa importancia nas nosas vidas!







No hay comentarios:

Publicar un comentario