lunes, 19 de abril de 2021

O NOSO NOME


Un obxectivo que nos marcamos para este curso as xoaniñas de 3 anos é identificar o noso nome.




Dende comezos de curso podemos ver o noso nome, xa sexa na nosa mesa, nos nosos libros, nas nosas fichas, na nosa caixiña de material, na asamblea... identificar, recoñecer e escribir o noso nome propio é o primeiro paso para introducirnos na aprendizaxe do proceso de lectura e escritura. 


Tendo esto en conta as xoaniñas avanzaremos  cada día na consecución do noso obxectivo: recoñecer o nosos nome, a través de diferentes actividades. 

Hoxe presentámosvos unha actividade  moi doada de facer incluso na casa, na que só necesitamos un papel co noso nome e recilar tapóns de bricks onde escribiremos as letras do noso nome. 

A continuación e mirando polo modelo formamos unha e outra vez o noso nome. 









Pode que non saia de todo ben, pode que coste un pouquiño....pero o importante é que pouco a pouco vamos recoñecendo as letras e a orde...en definitiva imos recoñecendo algo único e moi afectivo para nós como é o noso nome propio! aprendizaxe que nos acompañará para toda a vida!























No hay comentarios:

Publicar un comentario