jueves, 30 de septiembre de 2021

CHEGOU O OUTONO

 

O pasado 22 de setembro despedimos o verán e recibimos unha nova estación: O OUTONO. 




Na aula das xoaniñas preparámonos para realizar unha serie de actividades relacionadas con esta estación, e aproveitando que a xoaniña Xosé nos trouxo unhas castañas fixemos actividades con este froito tan tipico do outono.





O primeiro que nos chamou a atención foi o tamaño das castañas, por iso explicamos que estas castañas son unha variedade diferente á que nós estamos acostumados a ver e a comer, pois son castañas de indias. 




Despois representamos con castañas a cantidade que representa cada número








Tamén representamos con castañas a grafía de cada número.



 

Traballamos tamén conceptos como moitos- poucos, cheo- baleiro, sumas...










⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐

miércoles, 29 de septiembre de 2021

RECUNCHOS


Unha das rutinas que levanos a cabo na aula das xoaniñas é o paso polos recunchos. 




Hoxe mostrámosvos cales son e cómo o facemos. 

Contamos cos seguintes recunchos: 

⭐PUZZLES

⭐A CASIÑA (xogo simbólico)

⭐CONSTRUCIÓNS

⭐BIBLIOTECA

⭐RECUNCHOS DOS ARTISTAS....




Os recunchos son ''zonas'' nas que dividimos a aula e na que se van ofrecendo propostas para realizar diferentes tarefas. Esta distribución espacial proporciona unha mellor estructuración dos materiais, unha maior organización e variedade das propostas así como un entorno físico rico en estímulos, oportunidades e posibilidades de acción. 

Este ano contamos ademais con un calendario semanal no que recollemos o recuncho ao que ten que ir cada xoaniña cada día. Con este calendario traballamos tamén a responsabilidade e a autonomía. A profe irá cambiando os grupos cada certo tempo así todos podemos ir con todos aos diferentes recunchos!





Cada neno/a debe localizar no correspondente día da semana o seu nome e dirixirse ao recuncho que lle toca nese momento. E así día a día pasamos por un ou outro recuncho...

Temos os nosos favoritos pero ao longo da semana todos pasamos por todos os recunchos da aula!






⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐



lunes, 27 de septiembre de 2021

TRABALLAMOS OS NÚMEROS DE FORMA MANIPULATIVA

Neste curso as xoaniñas seguimos traballando os números de forma manipulativa.


Hoxe os protagonistas foron os números 1 e 7. 







Mostrámosvos algunhas das actividades que levamos a cabo na nosa aula: realización da grafía con pintura de dedos e con pedriñas, representación de cantidades, números de plastilina, asociación de números á cantidade...


Esperemos que vos agraden e xa sabedes podemos facelas tamén na casa!












⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐

viernes, 24 de septiembre de 2021

PSICOMOTRICIDADE


Despedimos a semana no cole hoxe, venres, coa sesión de psicomotricidade!




Desta vez os protagonistas foron os aros e todas as actividades se realizaron con eles. 






Baile, xogos con pelotas... Foi moi divertido!









⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐

jueves, 23 de septiembre de 2021

MUSICA


Este curso as xoaniñas contamos cunha sesión semanal de MÚSICA.







O encargado de impartila será o Profe Manuel e subiremos a aula de Música.

Será todos os mércores e onte xa foi o primeiro día.




Nesta Primeira sesión o Profe quixo mostrarnos todos os instrumentos cos que contamos na  aula, e as xoaniñas estivemos ben atentas as explicacións.





Carillón, metalófono, xilófono, crótalos, frauta timbal, campanilla,  teclado ... Son algúns dos instrumentos que tocou o Profe Manuel.

 Nesta sesión tamén houbo tempo para o canto e o baile!




Será divertido ir a clase de Música!

⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟






miércoles, 22 de septiembre de 2021

GAEL CUMPLE 4


Gael cumple hoxe 4 aniños e celebrouno con todas as xoaniñas na aula. 




Convidounos a uns doces e soplou a vela do número 4! 








Felicidades Gael!



🎉🎂🍭🍩🎉🥳
,



martes, 21 de septiembre de 2021

P.E.L.O


Este curso na aula das xoaniñas contamos co programa P.E.L.O ( Programa de Estimulación del Lenguaje Oral) 







Este programa ten como finalidade o desenvolvemento da linguaxe e a prevención de dificultades.

A adquisición e o desenvolvemento da linguaxe é quizais a aprendizaxe máis importante que deben realizar os nenos/as nos seus primeiros anos de vida. De cómo se estimule e progrese esta aprendizaxe dependerán as interaccións sociais que o neno/a estableza e destas, á súa vez, unha maior e mellor estimulación e comprensión di mundo que o rodea, convertíndose así nun pilar fundamental da aprendizaxe. 

Levaremos a cabo este programa coa Profe Marta, especialista en Audición e Linguaxe, e hoxe xa traballamos un pouquiño! 


Comezamos co saúdo 




Todas as xoaniñas intentamos silbar! 


E seguimos con contos. Hoxe tocou o da letra A. Todas as xoaniñas pensamos palabras que comezan por A....
















miércoles, 15 de septiembre de 2021

DISFRUTAMOS CUN DÚO MUSICAL


No cole as xoaniñas seguimos celebrando o comezo do novo curso e desta volta disfrutamos cun dúo musical que centrou a súa actuación en cancións relacionadas coas letras do alfabeto!

              🎤🎶👩‍🎤👨‍🎤🎶🎤





Mirade canto disfrutamos!

















⭐⭐⭐