jueves, 30 de septiembre de 2021

CHEGOU O OUTONO

 

O pasado 22 de setembro despedimos o verán e recibimos unha nova estación: O OUTONO. 




Na aula das xoaniñas preparámonos para realizar unha serie de actividades relacionadas con esta estación, e aproveitando que a xoaniña Xosé nos trouxo unhas castañas fixemos actividades con este froito tan tipico do outono.





O primeiro que nos chamou a atención foi o tamaño das castañas, por iso explicamos que estas castañas son unha variedade diferente á que nós estamos acostumados a ver e a comer, pois son castañas de indias. 




Despois representamos con castañas a cantidade que representa cada número








Tamén representamos con castañas a grafía de cada número.



 

Traballamos tamén conceptos como moitos- poucos, cheo- baleiro, sumas...










⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐

No hay comentarios:

Publicar un comentario