miércoles, 29 de septiembre de 2021

RECUNCHOS


Unha das rutinas que levanos a cabo na aula das xoaniñas é o paso polos recunchos. 




Hoxe mostrámosvos cales son e cómo o facemos. 

Contamos cos seguintes recunchos: 

⭐PUZZLES

⭐A CASIÑA (xogo simbólico)

⭐CONSTRUCIÓNS

⭐BIBLIOTECA

⭐RECUNCHOS DOS ARTISTAS....




Os recunchos son ''zonas'' nas que dividimos a aula e na que se van ofrecendo propostas para realizar diferentes tarefas. Esta distribución espacial proporciona unha mellor estructuración dos materiais, unha maior organización e variedade das propostas así como un entorno físico rico en estímulos, oportunidades e posibilidades de acción. 

Este ano contamos ademais con un calendario semanal no que recollemos o recuncho ao que ten que ir cada xoaniña cada día. Con este calendario traballamos tamén a responsabilidade e a autonomía. A profe irá cambiando os grupos cada certo tempo así todos podemos ir con todos aos diferentes recunchos!





Cada neno/a debe localizar no correspondente día da semana o seu nome e dirixirse ao recuncho que lle toca nese momento. E así día a día pasamos por un ou outro recuncho...

Temos os nosos favoritos pero ao longo da semana todos pasamos por todos os recunchos da aula!






⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐



No hay comentarios:

Publicar un comentario