viernes, 26 de noviembre de 2021

CHOVE! SACAMOS O PARAUGAS!


Estes días volveron as choivas de outono, polo que, o noso gatiño sacou o paraugas e... Se chove que chova!


















Mirade que concentrados o fixemos: Primeiro coloreamos libremente e pegamos o debuxo sobre unha cartulina. 






Despois recortamos para formar o paraugas, cada día facémolo mellor!!

Dobramos pola metade cada mediocírculo e pegámolo no folio facendo o paraugas. 








Así de ben lucen os gatiños na nosa aula!




🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟

jueves, 25 de noviembre de 2021

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Como cada ano o 25 de Novembro conmemórase o '' Día Internacional contra a violencia de xénero'' 







Na aula das xoaniñas poñemos as gafas da igualdade! 










Amosámosvos como as fixemos.

Primeiro picamos os cristais, despois pegamos o debuxo de igualdade e por último a profe plastificounas.

















A través dos seus cristais nenos e nenas, homes e mulleres... son iguais. 

Todos teñen os mesmos dereitos, as mesmas oportunidades.

E ti velo así ou precisas unhas gafas da igualdade?😉 


Tamén colaboramos na realización do mural do cole contra a violencia de xénero.  




Plasmamos a nosa man con cor violeta, a cor da igualdade, a coraxe e a liberdade. 








Así de ben luce o mural na entrada do edificio de primaria 





⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐



lunes, 22 de noviembre de 2021

ALISIA CUMPLE 4

 

Alisia regresou a aula despois dun tempo.😉

O sábado cumpliu 4 anos e hoxe celebrouno con todos!



Soprou a vela do número 4 



Convidounos a pastel de chocolate 










e ainda que Alisia non quixo bailar...tivemos festa, moita festa! 






Moitas felicidades Alisia!



viernes, 19 de noviembre de 2021

VIDA PRÁCTICA. ÍMONOS DE TENDAS!

 

Como sabedes as xoaniñas estamos levando a cabo na aula  actividades da vida práctica e hoxe puxemos en práctica a acción de mercar nunha tenda.  


Cando chegamos a aula na caixa da xoaniña tiñamos unha carta na que se nos  encomendaba unha misión: MERCAR UNHA CAIXA DE TIRITAS, UN PRODUCTO ALIMENTICIO E UN CONTO. 







Enseguida nos puxemos a pensar... onde poderíamos comprar ditos productos? 

- Na farmacia, nun supermercado e nunha libreria! respondemos enseguida.














E chegou o momento de saír da aula e acercarnos ata Taboada a facer as nosas compras!

En parellas e formando unha fila saímos do cole



Chegamos á librería ARCO IRIS onde nos agardaba Montse. 

Ensinounos todos os productos que ten á venda: prensa, contos, material escolar...ata ten obxectos de decoración! 





Mercamos dous libros para a nosa aula e Montse agasallounos cunha piruleta e uns cromos! 








Moitas gracias! Encantounos a visita! 



A  continuación  dirixímonos ao supermercado CLAUDIO-VILOSA. 

Alí agardávanos  Gladis que nos amosou todo o que podemos mercar  no seu súper: bebidas, conservas,galletas, cereais, foita, carne, productos lácteos, de limpeza... desinfectamos as mans e comezamos a visita polos pasillos do súper














Mercamos unha lambonada para comer na Alameda 







Pagamos e recibimos un agasallo de Gladis. 







Moitas gracias! encantounos a visita! 


Saímos do súper e dirixímonos a Alameda para merendar. 





Pero...aínda nos quedaba un reto por cumplir, mercar a caixa de tiritas, polo que, nos diriximos a farmacia MAR FERREIRO para mercala. 


Alí agardávanos Mar, que é farmaceútica e nos amosou toda a farmacia. Chamounos moito a atención onde garda as menciñas, nun caixóns verticais que non parabamos de abrir e cerrar😉 






Mercamos as tiritas




Mar tamén tiña un agasallo para nós! 




Moitas gracias! Encantounos a visita! 



Para rematar a xornada de compras e como nos portamos tan ben... disfrutamos un cachiño no parque! 




Foi un día de experiencias inesquecibles no que tivemos oportunidade de disfrutar todos os compañeiros xuntos! Rematamos algo cansos...pero mereceu  a pena!



🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟