viernes, 5 de noviembre de 2021

MAGOSTO


Hoxe as xoaniñas celebramos o magosto no cole. 



Xa onte as castañas tiveron moito  protagonismo na nosa aula.

Fixemos o xogo dos esquíos tragóns, que consiste en darlle de comer aos esquios tantas castañas como indica o número!




Tamén aproveitamos para decorar os bricks para as castañas unha vez que a profe os forrou. 





Así de chulos nos quedaron para botar neles as castañas!



Hoxe fomos ao ''photocall do magosto'' e posamos así de guapas convertíndonos en castañeira! 





Preparamos as nosas coroas, agora somos os reis e as raíñas do magosto. 





Papamos chocolate con churros e castañas asadas! Como o tempo nom nos permitiu facelo no patio, quedamos no hall do cole ao quentiño. 






Rematamos a xornada no pavillón do cole, con xogos populares! 



Viva o magosto!



⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐




No hay comentarios:

Publicar un comentario