martes, 9 de noviembre de 2021

VIDA PRÁCTICA. CANDADOS E PARAFUSOS

 

Como xa vos contamos anteriormente incorporamos á nosa aula  unha sección chamada ¨vida práctica¨ e nesta área están incluidos os CANDADOS E OS PARAFUSOS. 






Este tipo de actividades axúdannos a ser cada vez máis autónomos e independentes, á vez que se fomenta a nosa autoestima ao conseguir abrir os candados e poñer a tuerca aos  tornillos. 

É unha actividade ideal para traballar a motricidade fina e a coordinación óculo - manual, ademáis de ser unha actividade repetitiva e mecánica que favorece a nosa concentración.



CANDADOS: contamos con candados pechados e timos que atopar a chave que abre cada un.







A actividade consiste en meter a chave e facer o xiro axeitado para poder abrir o candado. 

















Non todos conseguimos abrir os candados, pero o importante é que o intentamos unha e outra vez. Ademáis teremos oportunidade de conseguilo noutras ocasión , pois será unha actividade presente na nosa aula moi a menudo. 


PARAFUSOS: contamos con parafusos de diferentes tamaños e coas súas tuercas correspondentes. 






Están mesturados nunha cesta, polo que, temos que atopar a  tuerca que enrosca en cada tornillo.  

E así estivemos ben entretidos! atornillando e desatornillando! 













Esta actividade resultounos un pouco máis doada que a dos candados pero tanto unha como a outra encantáronnos! 

Cos candado e cos parafusos aproveitamos tamén para traballar contidos como: longo-corto, grande-pequeno, gordo-delgado, aberto-pechado...


⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐















No hay comentarios:

Publicar un comentario