viernes, 8 de abril de 2022

REMATOU O 2°TRIMESTRE


Hoxe rematou o 2° trimestre deste curso 21/22 e as xoaniñas celebrámolo por todo o alto cunha sesión de contacontos co resto de compañeiros de todos os cursos do cole. 










Gustáronnos moito os contos que nos contaron...entre eles "Artur e Clementina", "Rosa Caramelo", "A historia dos bonobos con lentes"... 


 Foi moi divertido!




Agora tocan uns días de descanso, e coas bolsiñas cheas dos traballos do 2° trimestre marchamos felices!






 Boas vacacións!


⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐

jueves, 7 de abril de 2022

RELAXACIÓN. BOTELLAS SENSORIAIS

 

Este trimestre estase a facer un pouco longo😔...

ás xoaniñas cóstanos concentrarnos e a chegada da primavera fai que estemos máis alborotadas do normal!🤫 si....si...estamos desexando uns días de descanso!  

Esta semana estivemos elaborando unhas botellas sensoriais, tamén chamadas botellas da calma que empregaremos de agora en adiante sempre que sexa necesario calmarnos, pero sobre todo nos nosos minutos de relaxación ( cando entramos na aula despois do patio)💆‍♀️💆💆‍♂️ 


Estas botellas son un recurso montessori que podemos mercar, pero a Profe Lorena quixo facelas na aula contando coa nosa participación.

Foi moi fácil e divertido😜

Primeiro presentounos todos os materiais que iamos precisar: Botellas vacias, glicerina, auga destilada purpurina, colorante, cousiñas para decorar, embudos, xarras... 





A Profe repartiu o material aos diferentes equipos e comezamos a meter dentro da botella as cousiñas, a purpurina, a glicerina, a auga... 











Facendo as nosas botellas traballamos a concentración, o equilibrio, estimulamos a motricidade fina, potenciamos a forza muscular dos brazos e das mans, entrenamos a coordinación ollo-man, agudizamos os sentidos da vista, o oido e o tacto.




Xa non temos excusa para relaxarnos!👏












⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐

sábado, 2 de abril de 2022

SAÍDA A SAN PEDRO

 

Hoxe as xoaniñas xunto co resto do alummado de infantil e primaria do CPI SAN TOMÉ DO CARBALLO realizamos unha saída a San Pedro. Alí atópase o Pazo de San Pedro de Bembibre, unha costrucción do S. XV na que realizamos diferentes actividades relacionadas co medio ambiente.

Este pazo na actualidade está xestionado pola Fundación Condado de Taboada. Esta fundación, xunto con axentes medioambientais da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela está a traballar nun proxecto de loita contra o cancro e entre as actividades que están a realizar atópase a do día de hoxe neste pazo e na que colaboramos con moito gusto nós 😉 


Saímos do cole á primeira hora da mañá 





Camiñando chegamos ata o Pazo 







Entramos e no seu patio esperábannos os axentes medioambientais, o representante da Fundación e o alumnado da Universidade de Santiago. 




Alí ben atentas as xoaniñas atendemos a explicación do que iamos facer esta maña nos diferentes terreos do Pazo.

Así explicáronos a importancia de coidar da natureza,   das árbores, os diferentes tipos de árbores autóctonas, a importancia da prevención dos incendios...  e dirixímos cara a primeira das actividades:





PLANTACIÓN. 

Esta actividade consistiu en plantar varias árbores autóctonas de dúas especies como son o acivro e o teixo. 









Tamén nos explicaron curiosidades como que a madeira  do teixo se emprega para a fabricación de barcos e que unha árbore deste tipo pode tardar arredor de 300 anos en medrar!😯 Que curioso verdade? 


A continuación aprendemos moito sobre a extinción de incedios. 

Os bombeiros forestais empregan vehículos como as carrocetas  nas que levan litros e litros de auga para apagar o lume. Utilizan mascarillas, botas, cascos e roupa especial. Para comunicarse empregan as súas emisoras... Puidemos comprobar todo en directo! 









Pasámolo xenial! 

Foi unha mañá moi entretida!😉


⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐