sábado, 2 de abril de 2022

SAÍDA A SAN PEDRO

 

Hoxe as xoaniñas xunto co resto do alummado de infantil e primaria do CPI SAN TOMÉ DO CARBALLO realizamos unha saída a San Pedro. Alí atópase o Pazo de San Pedro de Bembibre, unha costrucción do S. XV na que realizamos diferentes actividades relacionadas co medio ambiente.

Este pazo na actualidade está xestionado pola Fundación Condado de Taboada. Esta fundación, xunto con axentes medioambientais da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela está a traballar nun proxecto de loita contra o cancro e entre as actividades que están a realizar atópase a do día de hoxe neste pazo e na que colaboramos con moito gusto nós 😉 


Saímos do cole á primeira hora da mañá 





Camiñando chegamos ata o Pazo 







Entramos e no seu patio esperábannos os axentes medioambientais, o representante da Fundación e o alumnado da Universidade de Santiago. 




Alí ben atentas as xoaniñas atendemos a explicación do que iamos facer esta maña nos diferentes terreos do Pazo.

Así explicáronos a importancia de coidar da natureza,   das árbores, os diferentes tipos de árbores autóctonas, a importancia da prevención dos incendios...  e dirixímos cara a primeira das actividades:





PLANTACIÓN. 

Esta actividade consistiu en plantar varias árbores autóctonas de dúas especies como son o acivro e o teixo. 









Tamén nos explicaron curiosidades como que a madeira  do teixo se emprega para a fabricación de barcos e que unha árbore deste tipo pode tardar arredor de 300 anos en medrar!😯 Que curioso verdade? 


A continuación aprendemos moito sobre a extinción de incedios. 

Os bombeiros forestais empregan vehículos como as carrocetas  nas que levan litros e litros de auga para apagar o lume. Utilizan mascarillas, botas, cascos e roupa especial. Para comunicarse empregan as súas emisoras... Puidemos comprobar todo en directo! 









Pasámolo xenial! 

Foi unha mañá moi entretida!😉


⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐

No hay comentarios:

Publicar un comentario