jueves, 7 de abril de 2022

RELAXACIÓN. BOTELLAS SENSORIAIS

 

Este trimestre estase a facer un pouco longo😔...

ás xoaniñas cóstanos concentrarnos e a chegada da primavera fai que estemos máis alborotadas do normal!🤫 si....si...estamos desexando uns días de descanso!  

Esta semana estivemos elaborando unhas botellas sensoriais, tamén chamadas botellas da calma que empregaremos de agora en adiante sempre que sexa necesario calmarnos, pero sobre todo nos nosos minutos de relaxación ( cando entramos na aula despois do patio)💆‍♀️💆💆‍♂️ 


Estas botellas son un recurso montessori que podemos mercar, pero a Profe Lorena quixo facelas na aula contando coa nosa participación.

Foi moi fácil e divertido😜

Primeiro presentounos todos os materiais que iamos precisar: Botellas vacias, glicerina, auga destilada purpurina, colorante, cousiñas para decorar, embudos, xarras... 





A Profe repartiu o material aos diferentes equipos e comezamos a meter dentro da botella as cousiñas, a purpurina, a glicerina, a auga... 











Facendo as nosas botellas traballamos a concentración, o equilibrio, estimulamos a motricidade fina, potenciamos a forza muscular dos brazos e das mans, entrenamos a coordinación ollo-man, agudizamos os sentidos da vista, o oido e o tacto.




Xa non temos excusa para relaxarnos!👏












⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐

No hay comentarios:

Publicar un comentario