miércoles, 13 de mayo de 2020

DIA DA FAMILIA



 O vindeiro 15 de maio de 2020 celebramos o

 ¨DÍA DA FAMILIA¨

Dende sempre a min é un día que me encanta pois é o día de todos e cada un dos membros da nosa familia.


 A nosa familia é única, non hai outra igual e seguro que nos queda algún tipo de familia sen recoller nesta imaxe




Na rede temos moitos videos explicativos sobre os diferentes tipos de familias...botádelle un ollo!



    




   


  
  


Sen duda todos os días do ano debemos celebrar o día da familia, cuidala e ser conscientes da súa importancia , pero non está de máis  un día ao ano conmemorar a existencia da mesma.


Agora que xa sabes un pouquiño máis dos diferentes tipos de familias que existen...


Bailamos ?





Que divertido !




Imos logo a  traballar un pouquiño!


Xoaniñas e familias propóñovos as seguintes actividades (porque familias:  si sempre precisan da vosa axuda as xoaniñas...nesta ocasión non podía ser menos )


ACTIVIDADE 1 ¨TARXETA AGASALLO¨

¨




a







* si imprimistes en cartulina podedes debuxar directamente, senón recoméndovos pegarlle outro folio para que non traspase o debuxo








A continuación déixovos a ficha dos corazóns






A continuación déixovos as vosas fichas para descargar e imprimir


descarga ALEXA






descarga ERIC




descarga ADRIÁN




descarga XIANA





descarga YASMINE




descarga SARA




descarga MARIO




descarga MARCO









descarga UXIA




ACTIVIDADE 2 ¨OS DESEXOS DA MIÑA FAMILIA¨


Xoaniñas, seguro que dende sempre vós e a vosa familia tedes un montón de desexos que queredes que se fagan realidade.
Que vos parece si os recollemos neste maletín?


Como o fago?

1º Imprimimos a ficha e decoramos/coloreamos o maletín. Podemos poñer dentro do corazón  familia de...



2º Reunidos coa nosa familia (buscamos un momento como a comida ou calquer outro momento no día no que estemos xuntos) pensamos nos desexos que queremos que se fagan realidade.

3º Coa axuda dos maiores escribimos o desexo nun papeliño (pode escribilo a familia)

4º Pegamos os papeliños dos desexos no maletín

5º Mandamos as fotos e a profe compartiraas no blog para que todos podamos ver os desexos de todas as familias





ACTIVIDADE 3 ¨DISFRUTO EN FAMILIA¨

Pasamos o día en familia, facendo o que máis nos guste e disfrutando uns dos outros.

Paseamos, cociñamos, xogamos, lemos...hai infinidade de actividades para disfrutar en familia (sei que a menudo xa o facedes pero temos que facer este día máis especial)




ACTIVIDADE 4 ¨PRESÉNTOCHE Á MIÑA FAMILIA¨


Esta actividade déixoa aberta á vosa imaxinación. Preséntanos a túa familia da forma que queiras:
foto, video, debuxo...



ACTIVIDADE 5 ¨ESCOITAMOS A CANCIÓN¨



3



O fundamental despois de todas as actividades será quedarse coa mensaxe que nos transmite esta canción:


´´...mi familia es la gente que quiere y que quiero yo también...´´

esa é a esencia de todo, xoaniñas, a nosa familia será tan amplia como nós queiramos que sexa...

e lembrade:

A NOSA FAMILIA É ÚNICA




* Non esquezades mandar fotos para poder compartir con todas as xoaniñas estes momentos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario