martes, 26 de mayo de 2020

ZUMBA

Seguro que xa vos estades movendo un pouquiño máis xoaniñas...pois xa podemos pasear pola rúa, polo campo, mesmo pola praia! de todas formas hoxe tráiovos unha proposta para facer na casa, na terraza, no xardín... onde queirades! O importante é que nos axudará a estar activos.



 ZUMBA



Este exercicio ten múltiples beneficios:

1. Entrena habilidades motoras
2. Fortalece músculos e osos
3.Estimula o sistema cardiorrespiratorio
4. Mellora o estado de ánimo
5 Favorece o equilibrio emocional




Polo que non debemos ter excusa para practicalo, vamos alá.


Déixovos por aquí algunha ideas









Mándame o teu  video practicando e compartirémolo no blog para que todas as xoaniñas vexan que ben se vos da a zumba!

No hay comentarios:

Publicar un comentario