martes, 22 de junio de 2021

FIN DE CURSO. Despedimos o curso con xogos


As xoaniñas despedimos o curso 20/21 cunha xornada de xogos. 

Non puidemos realizar a excursión que estaba programada ao Monte do Faro , pero foi unha xornada moi especial na que nos divertimos moito e despedimos o curso por todo o alto! 


Estes son os xogos que preparamos para infantil, 1° e 2° de primaria





Entre xogo e xogo desinfectamos as nosas mans 




Mirade canto xogamos! E bailamos! 




Acordámonos moito de Xosé e Alisia que hoxe non viñeron ao cole... 





E cos nosos traballiños do 3° trimestre marchamos moi contentos de vacacións! 






FELIZ VERÁN A TODOS!




lunes, 21 de junio de 2021

AO RICO XEADO!


Hoxe, 21 de xuño, as xoaniñas démoslle a benvida ao verán cuns ricos xeados! 

Para preparalos contamos con todos estes ingredientes




Primeiro preparamos o cucurucho 








A continuación preparamos as bolas de diferentes cores e sabores😉mesturando espuma de afeitar con cola e colorante 








Montamos os xeados con axuda da culler 







Decorámolos 









Listos! Mirade que pinta!






E como se soe decir... A pinta moi boa pero o sabor....nin o probamos porque non eran comestibles! 🤭Pero a Profe Lorena tiñanos unha sorpresa🤫

😉 XEADOS PARA TODOS! 





Así é como se celebra a chegada do verán!👌


viernes, 18 de junio de 2021

PSICOMOTRICIDADE


A sesión de hoxe de psicomotricidade sona a despedida. 

Foi a última sesión do curso e as xoaniñas quixemos bailar unha canción que nos gusta moito. Jerusalema




Unha canción que, independentemente das nosas crenzas, cando a escoitamos nenos e adultos fainos mover o corpo e cantala sin parar... 

Sen sabelo estamos cantando e bailando para a esperanza. A esperanza que pode ter un neno, que dende o '' seu mundo'' sabe que algo non vai ben, que algo no mundo fixo cambiar a nosa forma de vida dende que empezou a pandemia...e ca esperanza de que todo pase e pronto todo vaia ben e sexa saúde e tranquilidade. 

As xoaniñas transmitímosvos dende aquí unha mensaxe de esperanza ainda que estamos seguras que para vós, familias, nós somos a vosa esperanza!




jueves, 17 de junio de 2021

CUMPLES DE VERÁN

 

Hoxe celebramos na clase os cumpleanos  das xoaniñas  que cumplen no verán, durante as vacacións, e que non podían celebrar con todos os seus compañeiros unha data tan especial! 





XIANA, ADRIÁN e UXÍA cumplirán 5 e YAIZA cumplirá 4




Como en todos os cumples  soplamos as velas 


















e comemos unha rica tarta! 







bailamos moito 



e... tivemos unha sorpresa: unha piñata!




Pasámolo xenial todas estamos moi contentas de poder celebrar o noso cumple no cole!






miércoles, 16 de junio de 2021

DESCUBRIMOS OS NOSOS NOMES


Xa case a totalidade das xoaniñas de 3 escribimos o nodo nome, e os que ainda non o fan pronto o conseguirán!

Hoxe fixemos esta actividade tan entretida!

Comezamos repasando o noso nome.

Despois a profe Lorena fixo as letras do nosos nome con cola 




 

As xoaniñas botámoslles por encima virutas de cores! 




Agardamos a que secaran. Limpamos o sobrante cun pincel e....tachán!

Descubrimos o noso nome!





martes, 15 de junio de 2021

FAI CLIC AO TEU BOCATA

 

Hoxe, seguindo co Proxecto '' Aliméntate ben'' tivemos unha xornada na que os peixes foron os protagonistas.





Desta vez explicáronnos como comer peixe dunha forma diferente: en bocadillo!




Da man de Roi, Mar aprendemos moito sobre as conservas e o tipo de peixes e mariscos que podemos conservar....  

















E da man do cociñeiro Álex aprendemos a preparar un delicioso bocata de sardiñas!




Familias... Os bocatas de peixe son un excelente opción de alimentación!