viernes, 18 de junio de 2021

PSICOMOTRICIDADE


A sesión de hoxe de psicomotricidade sona a despedida. 

Foi a última sesión do curso e as xoaniñas quixemos bailar unha canción que nos gusta moito. Jerusalema




Unha canción que, independentemente das nosas crenzas, cando a escoitamos nenos e adultos fainos mover o corpo e cantala sin parar... 

Sen sabelo estamos cantando e bailando para a esperanza. A esperanza que pode ter un neno, que dende o '' seu mundo'' sabe que algo non vai ben, que algo no mundo fixo cambiar a nosa forma de vida dende que empezou a pandemia...e ca esperanza de que todo pase e pronto todo vaia ben e sexa saúde e tranquilidade. 

As xoaniñas transmitímosvos dende aquí unha mensaxe de esperanza ainda que estamos seguras que para vós, familias, nós somos a vosa esperanza!




No hay comentarios:

Publicar un comentario