jueves, 3 de junio de 2021

HORA DO CONTO. O PEIXE ARCODAVELLA

 

Desta vez NA HORA DO CONTO  e seguindo co proxecto "TI SI QUE ES UN BO PEIXE", na aula das xoaniñas contamos o conto O PEIXE ARCODAVELLA. 





As xoaniñas maiores xa o coñecíamos e quixemos mostrallo aos máis pequenos pois é unha boa historia para lembrar a importancia de compartir! 





Despois de escoitar o conto fixemos o noso PEIXE ARCODAVELLA, con escamas brillantes por suposto!










E para rematar levamos para a casa todo o material que nos regalaron Uxía e Roque: pegatinas, receitas de cociña, unha bandana para a cabeza...


Xa non temos excusa para comer peixe xoaniñas!







No hay comentarios:

Publicar un comentario