jueves, 10 de junio de 2021

PINTAMOS CON ESPONXA. POUNCERS


Esta semana na ''hora dos artistas'' as xoaniñas pintamos con esponxas. Desta vez utilizamos un tipo de esponxa redonda de diferentes diámetros chamadas pouncers perfectas para facer lunares, círculos...




Pintar con esponxas apórtanos moitos beneficios!
A nivel físico: permítenos perfeccionar a nosa habilidade manual, sobre todo a motricidade fina. Axúdanos tamén a coordinar os movementos en brazos e dedos co sentido da vista.
A nivel cognitivo permítenos desarrollar a capacidade de concentracion e paciencia. Mellora a nosa concepción espacial ao mesmo tempo que descubrimos diferentes texturas, olores e cores.
A nivel emocional, pintar con esponxas prodúcenos unha gran satisfacción pois comprobamos que somos capaces de facer creacións artísticas únicas! 




Mirade as nosas eirugas! Quedaron ben chulas!







As esponxas son un bo agasallo familias!😉


No hay comentarios:

Publicar un comentario