viernes, 29 de octubre de 2021

FESTA DE HALOWEN

 


Despedimos a semana de hallowen cunha gran festa no cole! 🎉


E preparámonos para a ocasión 💄😉 ainda que algunha xoaniña non se quixo disfrazar🤫



















A xoaniña Sara celebrouno con nós dende a casa... xa que hoxe estaba un pouquiño pachucha! Mirade que guapa estaba!




Unha vez que posamos así de guapos para as fotos fixemos unha actividade que nos tiña preparada a profe '' sumas terroríficas'' na que, ademais de sumar puidemos comer fastasmitas! 👻👻👻 





Cada neno/a tiña o seu vasiño con 10 fantasmitas  e despois de coller unha tarxeta cunha suma e contar os fantasmitas que sumaban os números tiñamos que escribir a cifra correcta







Mirade que ben o fixemos... 












Despois de sumar...papámolos! 





Ao rematar fixemos máis conteo con motivos de samaín. Desta volta sumas nas que tiñamos que poñer o resultado escollendo unha pinza na que estaba o número entre outros.






Seguimos comendo larpeiradas de Hallowen 






E despedimos o día bailando con todos os nenos do cole!









⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐


jueves, 28 de octubre de 2021

HALLOWEN. OLLOS MONSTRUOSOS

 

Esta semana as xoaniñas elaboramos uns ¨ollos monstruosos¨ 




empregando material reciclado, neste caso, cartóns de ovos. 




Comezamos pintando de branco con témpera 








seguimos escollendo a cor e pintando o iris 






Pintamos a pupila con rotulador  







rematamos pintando a sangue para dar medo...moito medo


 uuuuu  😱👹👹👹👹😱








⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐




HALLOWEN. CABAZAS


Si hai unhas protagonistas nestas datas son as cabazas🎃🎃🎃🎃 por este motivo, hoxe na aula das xoaniñas aproveitamos para saber un pouco máis deste froito do outono.





Durante esta semana temos na aula varias cabazas de diferente forma, tamaño, cor... Así estivémolas ordenando de maior a menor e de menor a maior...







estivemos cladificándoas pola súa forma, tamaño...





medimos a súa altura...








e entrounos unha duda: canto pesarán?, pesarán máis ou menos ca nós? E decidimos resolvela. Levamos as cabazas á cociña e pesámolas....e pesámonos! 













Dúas cabazas pesaban igual! 





Confirmado: nós pedamos máis ca un cabaza!




Na hora do conto  a Profe Lorena contounos o conto ¨Corre corre cabaciña¨










e para rematar  presentámosvos as nosas cabazas 






Encantounos traballar coas cabazas!





🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟