jueves, 21 de octubre de 2021

OUTONO. ACTIVIDADES CON LANDRAS

 

Seguindo coa temática do outono adicamos varias sesións as landras ou belotas. 




Comezamos na asamblea falando da árbore que as dá, a súa forma, textura, tamaño, partes... e escribimos as palabras na pizarra.









Despois xogamos ao ¨ Esquío comeletras¨ neste xogo temos un esquío e 28 landras, cada unha cunha letra do abecedario,  consiste en darlle de comer ao esquío a landra coa letra correspondente, pero temos que estar ben atentas...si lle damos a letra equivocada enfádase!   





A Profe Lorena íanos decindo o nome dunha letra ou complicándoo un pouco dencindo unha palabra e tiñamos que adiviñar porque letra empezaba e darlle así de comer ao esquío a belota coa letra indicada 






Traballamos tamén a descomposición de números e fixémolo con landras. 

Aprender a descompoñer os números en unidades máis pequenas é un requisito indispensablr para  aprender a sumar e entender o concepto de cada número









Na hora do conto a Profe Lorena contounos o conto ¨O carballo con botas¨ 









e debuxamos o noso carballo con botas...con follas de verdade!😉










🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟



No hay comentarios:

Publicar un comentario