viernes, 22 de octubre de 2021

OUTONO. XERMINACIÓN DE LANDRAS

 

Ás xoaniñas sorprendeunos moito o nacemento do Carballo con botas, polo que, decidimos experimentar e probar aver si conseguimos o noso pequeno carballo!


Onte e hoxe na aula fixemos o primeiro paso para que xermine unha landra e así poder plantar na terra o carballo. Agora só queda agardar uns días para saber si temos o resultado desexado!😁




Estes son os pasos que seguimos para facer o experimento:

Comprobamos si as landras flotan ou non. Só poderan xerminar as que non flotan e polo tanto se afunden😉 










Clasificamos, nun bote  as que non flotan e as que si o fan




As belotas que serven para xerminar deixámolas ata o día seguinte en auga. 


Xa hoxe mollamos papel de cociña e envolvemos cada belota, así gardamos a humidade. Despois envolvémolas en papel de aluminio, así proporcionámoslle unha temperatura axeitada. 









Así as deixamos por uns días  


Estamos desexando ver si xerminan e poder plantalas na terra!





⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐


No hay comentarios:

Publicar un comentario