miércoles, 20 de octubre de 2021

OUTONO. BOTES DE OUTONO E ESTAMPAMOS CON CORCHO


Hoxe parece que volven as choivas polo que, onte pola mañá aproveitamos para  facer a nosa visita obrigada do outono: saímos ao contorno do cole.




Desta volta levamos uns botes para recoller follas, ourizos, setas, pauciños, landras, castañas e todo aquilo relacionado co outono que nos chamou a atención e quixemos meter no noso ¨bote do outono¨ 

















Despois de recoller os elementos do outono voltamos para a clase e coa axuda  da Profe Lorena puxémoslle o nome e e a tapa e xa estaban listos!















Que guai poder meter a estación do outono nun bote!😉





Aproveitamos tamén para ensinarvos como fai uns días aplicamos a técnica do estampado con corcho para crear esta árbore tan outonal! 




Con esta técnica favorecemos as nosas sensacións táctiles, melloramos a nosa motricidade fina e como non a creatividade artística.













🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟


No hay comentarios:

Publicar un comentario