Somos a aula de 3 e 4 anos (aula das xoaniñas) do CPI San Tomé do Carballo (Taboada). A través deste blog queremos ensinar ao mundo qué facemos e cómo traballamos na nosa aula . Ao mesmo tempo queremos facer partícipes ás nosas familias e a toda a comunidade educativa das diferentes actividades que realizamos, de canto aprendemos e do ben que o pasamos no cole. Un saúdo e a disfrutar co noso blog tanto como o facemos nós!
martes, 21 de diciembre de 2021
lunes, 20 de diciembre de 2021
LECTOESCRITURA. A LETRA PROTAGONISTA
As xoaniñas de 5 anos avanzamos ao longo deste 1°trimestre na lectoescritura con moitas actividades, entre elas hoxe amosámosvos esta:
'' A LETRA PROTAGONISTA''
Unha actividade que realizamos todos os días na asamblea. En que consiste?
A Profe di cal a é a letra protagonista de todas as do abecedario.
Entre todas as xoaniñas facemos o sonido desa letra e tamén como soaría si a unimos con cada unha das 5 vogais.
Agora pensamos entre todas palabras que comecen por esa sílabas e a continuación é o turno do/a encargado/a que é quen a escribe na nosa pizarriña.
Mirade que ben se nos da!
⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐
AFIANZAMOS. PROXECTO O MEU NOME
Un dos obxetivos que nos marcamos para este 1° trimestre as xoaniñas de 4 anos foi afianzar o noso nome.
Así ao longo do mesmo, en algunha que outra sesión, realizamos diferentes actividades para escribilo e recoñecelo moito mellor.
Enchemos a nosa inicial con boliñas de papel de seda
Rodeamos entre outras as letras do noso nome
Repasamos con lápiz e despois con pincel
Ordenamos e pegamos as letras formando o noso nome. Despois escribímolo.
Punteamos con bastoncillos a nosa inicial
Formamos con plastilina todas as letras que compoñen o noso nome
E recopilando todas as actividades fixemos o libriño '' o meu nome''
⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐
jueves, 16 de diciembre de 2021
NADAL. DECORAMOS A NOSA AULA
Estes días as xoaniñas estamos decorando a nosa aula con motivos navideños. 🎄🎅🎄🎅
A partir de materiais que temos na casa e de materiais de papeleria podemos facer cousas ben fermosas, así que xa sabedes familias, non é necesario mercalo todo! As xoaniñas podemos facer moitas cousas coas nosas mans! 😉
En primeiro lugar amosámosvos cómo decoramos as nosas ventás.
Elaboramos o noso Papá Noel.
Primeiro a Profe amosounos os materias a empregar e recoñecemos enseguida diferentes figuras xeométricas: triángulo, círculo, semicírculo...
Despois pintamos con pincel a cara de Papá Noel, a contiación, unha vez que secaron as caras, pegámolas sobre o triángulo vermello. Colocámoslles os ollos e estampamos con corcho o nariz.
A Profe pegoulles o algodón despois de que nós fixeramos a barba
E listos! así de ben nos quedaron!
Agora amosámosvos cómo decoramos a nosa porta.
Elaboramos bolas de cores cos nosos nomes.
Primeiro a Profe Lorena deunos a silueta dun círculo e tivemos que picar co punzón. Despois mollamos o noso dedo con pintura dorada e estampamos na bola. Para finalizar a Profe púxolles un preciososl lazo dorado e...fixemos a composición na porta sobre papel vermello. Tamén nos lembramos das xoaniñas que esta semana non viñeron ao cole e entre todos fixemos as súas bolas!
A que dan ganas de entrar só vendo o bonita que nos quedou?😁😉
Suscribirse a:
Entradas (Atom)