viernes, 3 de diciembre de 2021

O MILLO!


Fai un tempo que os agricultores recolleron a colleita de millo e esta semana as xoaniñas comprobamos as moitas posibilidades que nos ofrece nunha aula de educación infantil este froito do outono.


Así podemos comprobar como medran as espigas na planta, cubertas por follas. 









Tivemos a oportunidade de esfollar o millo.



Debullamos as espigas












Comprobamos a súa cor e tamaño, así como o tacto dos seus grans...






Fixemos trasvases cos grans









Traballamos vocabulario e lectoescritura a través das diferentes partes dunha espiga, dos diferentes tipos de millo  e das accións que podemos levar a cabo el.









Formamos a grafia das letras do abecedario con grans















Buscamos letras entre o millo, collémolas con pinzas e formamos palabras
















Moemos os grans para obter fariña de millo









Fixemos trasvases coa fariña utilizando culleres, coadores e embudos.















As espigas de millo cas que traballamos na aula están destinadas a alimentar animais: porcos, galiñas, vacas... pero hai tamén diferentes  alimentos que levan millo e que podemos comer as persoas, así a profe amosounos millo doce, palomitas de millo, tortitas de millo, fariña de millo... 




Voluntariamente probamos e comprobamos si nos gustan ou non










Formamos números, letras e figuras con carolos













Sen dúbida....aprendemos moitas cousas co millo!


⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐


No hay comentarios:

Publicar un comentario