martes, 21 de diciembre de 2021

NADAL. REMATAMOS O 1° TRIMESTRE

 

Hoxe as xoaniñas finalizamos o 1° trimestre deste curso 2020/2021. 
A de hoxe foi unha xornada diferente, procurando en todo momento que fose o máis festiva posible!🎉🎄

Preparámonos para a ocasión coas nosas coronas de renos.






Nos últimos días estivémolas elaborando







Merendamos ao son das panxoliñas. 




Os nenos de 6° de primaria co profe Mario á guitarra amenizáronnos a merenda coa súa música.



Máis tarde achegámonos ao porche do edificio de primaria para tomar con todos os nenos e nenas do cole o chocolate con churros...
ummm😋estaba boísimo!







Despois do recreo achegámonos o pabillón do cole onde o Mago Pedro Bugarín nos agardaba co seu espectáculo de maxia.




Ainda que non podemos meter todas as emocións e todo o vivido neste trimestre nunha bolsa...a Profe preparounos esta bolsiña con todos os traballiños  feitos por nós!











E para rematar a xornada disfrutade moito coa nosa actuación que preparamos con moito cariño e emoción para que poidades disfrutar nesta época que os festivais de Nadal non están permitidos.




Vémonos en xaneiro xoaniñas!





No hay comentarios:

Publicar un comentario