viernes, 10 de diciembre de 2021

CHEGA O NADAL!


As xoaniñas voltamos ao  cole despois duns días de descanso e fixémolo dándolle a benvida ao Nadal, festividade que queiramos ou non xa está aquí😉 

A actividade que comezamos onte e rematamos hoxe consistiu en estampar pintura con rollos de papel hixiénico e bastoncillos, unha técnica doada pero moi vistosa que nos permitiu elaborar unha fermosa árbore de Nadal 🎄que empregamos para comezar a decorar a nosa aula. 



Primeiro a Profe Lorena presentounos os materiais a empregar así como a plantilla da árbore e deunos as instruccións a seguir 






A continuación comezamos a estampar co rolo de papel. 







Continuamos facendo o tronco da árbore co noso dedo.








Así de bonitos quedaron, agora tocaba agardar ata o día seguinte para que secaran. 





Unha vez secos foi o turno de engalanalos coas luces de Nadal, para iso mollamos o bastoncillo en pintura de cores e estampamos. 






Pegamos a estrela e...listos!











Na nosa aula... Xa cheira a Nadal!🎄🎅🎁








⭐🌟⭐🌟⭐🌟⭐

No hay comentarios:

Publicar un comentario