jueves, 16 de diciembre de 2021

NADAL. DECORAMOS A NOSA AULA

 

Estes días as xoaniñas estamos decorando a nosa aula con motivos navideños. 🎄🎅🎄🎅

A partir de materiais que temos na casa e de materiais de papeleria podemos facer cousas ben fermosas, así que xa sabedes familias, non é necesario mercalo todo! As xoaniñas podemos facer moitas cousas coas nosas mans! 😉

En primeiro lugar amosámosvos cómo decoramos as nosas ventás. 

Elaboramos o noso Papá Noel. 

Primeiro a Profe amosounos os materias a empregar e recoñecemos enseguida diferentes figuras xeométricas: triángulo, círculo, semicírculo...



Despois pintamos con pincel a cara de Papá Noel, a contiación, unha vez que secaron as caras, pegámolas sobre o triángulo vermello. Colocámoslles os ollos e estampamos con corcho o nariz. 

A Profe pegoulles o algodón despois de que nós fixeramos a barba













E listos! así de ben nos quedaron!





Agora amosámosvos cómo decoramos a nosa porta. 

Elaboramos  bolas de cores cos nosos nomes. 

Primeiro a Profe Lorena deunos a silueta dun círculo e tivemos que picar co punzón. Despois mollamos o noso dedo con pintura dorada e estampamos na bola. Para finalizar a Profe púxolles un preciososl lazo dorado e...fixemos a composición na porta sobre papel vermello. Tamén nos lembramos das xoaniñas que esta semana non viñeron ao cole e entre todos fixemos as súas bolas!










A que dan ganas de entrar só vendo o bonita que nos quedou?😁😉



No hay comentarios:

Publicar un comentario